Por petición popular, haberá un novo Mercado do Caracol o próximo día 16 de novembro, sábado, de 11 a 14h.

Xa sabedes cómo é: buscase pola casa aquelas cousas en bo estado e tan longo tempo arrumbadas en calquera lado e faise un paquetiño. Non hai nada como a chegada da choiva para poñer orde nese caos fogareño!!

Logo hai que ler as instrucións de uso deste singular mercado. E seguilas, claro! Poderás inscribirte ata o día 13 de novembro, mércores.

Xa podedes ir pensando en como organizar, amenizar e facer atractivo o voso posto e mercadoría.

Para quen se sinta libre de rémoras e non precise limpeza ou ben para quen teña sitio dabondo para gardar máis trebellos, a opción é simple. Nese sábado pola mañá, achegádevos á Rúa do Home Santo, alí atoparedes xenuinos “suvenirs” saídos das casas do barrio de San Pedro.

Lembrade, a cita é sábado 16 de novembro de 11 a 14h na rúa do Home Santo.

E, xa que estamos, queremos lembrarvos que está é unha actividade veciñal pensada para dinamizar os comercios desa rúa, para pasar un bo rato e para que outros veciños e veciñas podan adquirir a bo prezo as cousas que nos sobran. Non se admitirán postos de establecementos comerciais (tendas vintage ou segunda mano) que non sexan da rúa.

You must be logged in to leave a reply.