Despois do interese que suscitou na recente charla organizada pola Vogalía da muller, a psicologa e sexóloga Mar Sánchez Fraga proponnos agora afondar nalgunhas das cousas que alí se falaron.
Propón, por unha banda afondar nas nosas emocións, aprendendo a redescubrilas e liberalas. Pola outra, facer unha indagación no pracer e no universo dos sentidos,tomando conciencia das posibilidades da nosa sensualidade e erótica e a súa expansión.
Son dous obradoiros diferentes sobre emocións e sobre erótica, que terán lugar os sábados 6 e 13 de abril e o 20 e 27 de abril e o 4 de maio. Todos os días, de 10.30h a 13.30h.
Cada curso (que en total son 12h) ten un prezo de 55 €
Para anotarvos: un mail a info@axuntanza.org ou unha chamada ao 649283976