“A Xuntanza” é unha Asociación Veciñal interesada na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas do barrio. Queremos contribuír á solución dos problemas e tamén das carencias que hai tanto a nivel de equipamentos e infraestructuras dotacionais como no ámbito da convivencia, a saúde, a cultura, o traballo e o lecer.

QUE FACEMOS:

– Análise dos problemas do barrio e propostas de solución.
– Actividades educativas e de dinamización sociocultural: graduado de educación secundaria, cursos e obradoiros de teatro, manualidades, pintura, gaita, acordeón, baile…
– Actividades relacionadas coa situación da muller e a saúde, a través da Vocalía da Muller.
– Recuperación das festas populares (magostos, antroidos…).
– Programas para uso social das novas tecnoloxías.
– Cooperación con outras asociacións na Coordenadora do Barrio e coa Rede de Centros Socioculturais para desenvolver accións comúns.
– Colaboración con outras asociacións veciñais de Compostela.

Comments closed.