Por petición popular, haberá un novo Mercado do Caracol o próximo día 25 de maio.
Xa sabedes cómo é: buscase pola casa aquelas cousas en bo estado e tan longo tempo arrumbadas en calquera lado e faise un paquetiño. Non hai nada como a chegada do bo tempo para poñer orde nese caos fogareño!!
Logo hai que ler as instrucións de uso deste singular mercado. E seguilas, claro! Poderás inscribirte ata o día 21 de maio, martes.
Xa podedes ir pensando en como organizar, amenizar e facer atractivo o voso posto e mercadoría.
Para quen se sinta libre de rémoras e non precise limpeza ou ben para quen teña sitio dabondo para gardar máis trebellos, a opción é simple. Nese sábado pola mañá, achegádevos á Rúa do Home Santo, alí atoparedes xenuinos «suvenirs» saídos das casas do barrio de San Pedro.
Lembrade, a cita é sábado 25 de maio de 11 a 14h na rúa do Home Santo.






Pago electrónico da cota (Paypal)
Pago electrónico