17. Setembro 2022 · Comentarios desactivados en Actividades para o curso 2022-23 · Categories: Uncategorized

Nestes tempos de volta á normalidade e de recuperación da cotidianidade, queremos presentarvos a nosa oferta de actividades para o curso 2022-23. É o noso xeito de ofrecer espazos para coñecérmonos, pasalo ben, tecer afectos entre veciñanza e medrar como persoas e como comunidade.

Este ano convidamosvos a:

GUITARRA
Luns de 15h a 20.30h (individual ou grupos)
Prof. Xabier Mugardos
Prezo: a convir

PANDEIRETA (Iniciación)
Luns 18.30
Prof. Martín Mondragón
Prezo: 17 €*

BAILE PARA FOLIADA (Iniciación)
Luns 19.30
Prof. Martín Mondragón
Prezo: 17 €*

TEATRO
Luns 21h (2 horas)
Prof. Xurxo Barcala
Prezo: 20 €

PILATES
Martes e xoves 10h
Martes e xoves 18h
Profa. Maite Pereira
Prezo: 28 €

BAILE TRADICIONAL
Martes 19.30 (iniciación), 20.30 (nivel I), 21.30 (nivel II)
Profa. Felisa Segade
Prezo: 15 €

COSTURA
Mércores 17h (2 horas)
Profa. Susa García
Prezo: 35 €

CANTOS DE TABERNA
Mércores 18h
Prof. Antón Calvo
Prezo: 14 €

IOGA
Xoves 19h
Profa. Maite Pereira
Prezo: 20 €

BAILE EN LIÑA
Venres 19h
Profa. Mirian Martínez
Prezo: 15 €

MARCHA NÓRDICA
Prof. Ricardo Angueira
Obradoiro en grupo de iniciación, un sábado a convir
Prezo: 25 €

* O combo Pandeireta (iniciación) e baile para foliada (iniciación) terá un prezo de 25 €

E cómo te anotas?

Para matricularse hai que anotarse e facer unha achega, que será de 10 € para as persoas non socias; as asociadas terán que amosar resgardo de ter pagado a cota 2022 ou ben facela efectiva desta volta.

Para anotarse:

  • Achegarte ao local para anotarte e facer o pago da matrícula (ou a cota anual)

Estaremos no noso local de 19 a 21h os días laborais do 19 ao 30 de setembro para resolver as vosas dúbidas e facer as matrículas.

Comments closed.