Como xa sabedes moitas de vos, o Concello está pagando o alugueiro do noso local desde xullo e asumirá durante o ano que ven o conxunto dos gastos; polo de agora pagaremos nós só a limpeza e algun outro custe menor.
Aínda que non foi sen tempo, temonos que alegrar por este feito xa que por fin poderemos dirixir os recursos humanos e económicos a obxectivos máis interesantes.Pola súa parte, o barrio recibirá a atención municipal que lle corresponde por poboación, aínda que sexa a través de nos.
Para a total integración do local na Rede de Centros Socioculturais é necesario acometer algunhas obras orientadas a mellorar a accesibilidade. Os traballos comezarán hoxe luns 6 de novembro e está previsto que duren até final de ano.
Entretanto acordamos trasladar o conxunto das nosas actividades ao Centro Xuvenil Don Bosco que nos acollerá xenerosamente durante este tempo. Quedará no noso local tanto un aviso como unha táboa da ubicación das actividades no CX Don Bosco, para que ninguén se perda. Quedan aínda prazas nalgunhas actividades asi que para incorporarvos o mellor será que vos poñades en contacto con nós para que vos informemos do espazo que teñen asignado no CSDB (info@axuntanza.org) Non sabemos aínda onde se celebraran as reunións da Xunta Directiva durante este tempo. En todo caso, avisaremos nas redes sociais da súa ubicación con antelación; serán os ultimos martes de mes, coma sempre.
Por mor deste traslado e até que rematen as obras, hai algun cambio no horario das seguintes actividades:
Pilares (quendas de tarde) que serán de 17.30 a 18.30
Ioga: 18.30 a 20h
Gaita: 20 a 22h
Finalmente, queremos agradecer de xeito público a xenerosidade do CX Don Bosco e da comunidade Salesiana por acollernos e por amoldarse aos horarios algo nocturnos dalgunhas das nosas actividades.