Para ir preparando o ambiente das festas, a Asociación Veciñal A Xuntanza e a Asociación de comerciantes do barrio de San Pedro convídavos a participar nun obradoiro especial que terá como finalidade construír un belén. Aprenderemos a facer figuras, edificios e paisaxes a partir dalgúns refugallos cotiáns e materiais como fieltro, area, etc.
Será o proximo sábado día 14 pola tarde (de 16.30 a 20.30) no local da A.V. A Xuntanza, na corredoira das Fraguas.
Os e as interesadas (maiores de 13 anos) terán que apontarse no teléfono 981575147 ou ben pasarse por Como Pez en el agua na Rúa de San Pedro 79.
O belén estará exposto na Praza Roxa, xunto con outros moitos, entre o 20 e o 30 de novembro e pasará o Nadal no noso barrio