
AGORA SI! VOLVEMOS! 💜
Chega outubro e con el volve tamén unha das cousas que máis ilusión nos fai: encher de vida o local da Asociación Veciñal A Xuntanza! 🌳
De outubro a xuño, nas Fraguas 37, baixo, teremos de novo actividades para aprender cousas novas, botarnos unhas risas, coñecer xente e, sobre todo, compartir tempo e facer comunidade.
Porque as actividades da Xuntanza son moito máis ca cursos ou talleres. Son escusas marabillosas para saír da casa, atoparnos, coidarnos e seguir construíndo barrio.
Queres formar parte?
Bótalle un ollo ao cartel, busca a actividade que máis che apeteza e ven compartir con nós este novo curso. Seguro que hai un oco para ti! ✨
COMO MATRICULARTE?
Entre o luns 28 de setembro e o venres 2 de outubro, de 19h a 21h, estaremos no local da asociación para facer as matrículas e resolver todas as vosas dúbidas. ✍🏽
IMPORTANTE!
• Comezamos o 5 de outubro.
• Se xa participaches nalgunha actividade o ano pasado, tes a praza garantida para continuar nela.
• As persoas asociadas terán preferencia en caso de lista de agarda.
• A matrícula ten un custo de 12 €. Para as socias e socios ao día no pagamento da cota, a inscrición é gratuíta. Se precisas actualizar a túa cota, poderás facelo durante os días de matrícula no local.
Temos moitas ganas de volver e agardamos que atopes no cartel esa actividade que che fai pensar: «Isto é para min!».
Vémonos no Barrio ❤️
Pago electrónico da cota (Paypal)