Esta ano desde a Comisión de Festas do Barrio de San Pedro temos o propósito de recibir á Primavera co barrio vestido de luz e de cores. Por iso decidimos construír ademáis do Maio tradicional un xigante en forma de Arco. Decorado co seu fiuncho, os seus pampullos, laranxas, ovos... Imos precisar para a decoración a colaboración de toda a veciñanza e de xente amorosa disposta a participar nesta loucura que andamos argallando.



Queres unirte? Non sabes como axudar? Agora che explicamos:



Teremos una pequena xuntanza coa persoa que creou toda esta engranaxe para que nos explique que tipo de material precisamos, como recollelo, onde gardalo e como xuntalo para facer ramilletes e cadenetas para a decoración. Soa interesante, non cres?



Este día un grupo de xente, distribuída en coches, iremos polo monte Pedroso, ou por onde nos leve a cabeciña, recoller o material necesario para decorar tanto o Maio como o Arco. Se non puideches asisitir a reunión do martes anterior, non te preocupes, sobre a marcha tamén se vai aprendendo. Cantas máis persoas sexamos, mellor!! Anímate pode ser ben divertido!!



Non vos asustedes, este día hai dúas tarefas que nos encantaría que compartísedes con nós e que agora vos explicamos para que escolladles a que máis vos preste. Podes participar nestas dúas cousiñas:



Nesta xuntanza propoñémosvos una recollida de material máis familiar. Como en anos anteriores, todas as persoas dispostas a colaborar dividirémonos en coches e iremos recoller máis material polo monte para decorar o Maio. É unha grande oportunidade para desfrutar coas crianzas da natureza e da Primavera. Vas perder este momento?

Nesta praza, xuntarémonos arredor de tres ou catro horas para dividir o material recollido o día anterior e comezar a crear a decoración. Se podes estar todo o tempo xenial, pero que iso non che bote para atrás, será benvida toda achega posible, dez minutos, média hora, unha…

Faremos ramilletes de fiunchos, coseremos pampullos, faremos cadenetas de laranxas e ovos, e todo o que vaia xurdindo no momento. Realmente non che apetece vestir e decorar o barrio de plantas, flores e alegría? Non o perdas!!!



Grazas anticipadas a todas as persoas que sabemos que ides colaborar e ánimo e ganas para as que o estades pensando.

Lembrade… aí vén o Maio!!!