Mañá celebraremos a 3ª edición do Día do Barrio, ese día que dedicamos a traballar polo noso barrio e pola súa veciñanza.

Aínda que ninguén se apuntou, damos por entendido que algunhas de vos, simplemente dades por feitas as formalidades asi que viredes, fixemos un programa de actividades a desenvolver. Son poucas porque pensamos que non vos estades animando con isto e porque, ao cabo, non tivemos resposta da Concellaría de Desenvolvemento Urbano para desenvolver a nosa aposta máis ambiciosa (un megamural sobre as beirarrúas de Quiroga Palacios) e xa temos líos dabondo co Concello. Tamén haberá que anular as propostas para cativos/as e maiores que implicaban pintura e cousas que desaparecen coa auga.

A relación de tarefas definitiva:

  • Recollida de alimentos nas tendas do barrio en beneficio do grupo do barrio de Cáritas
  • Recollida de material escolar, en colaboración coas ANPAs do Vilas Alborada e Apóstolo Santiago
  • Limpeza dos espazos axardiñados (escaleira Triacastela, Esquina Concheiros, Rúa do Medio, Rúa do Home Santo…)
  • Reposición da terra dos alcorques das árbores de Concheiros e Corredoira das Fraguas e sementeira de plantas aromáticas
  • Pegado de carteis animando á separación do lixo e informando dos servizos de recollida (voluminosos, etc.)
  • Entrevistas para un documental. A cargo da vogalía da Muller
  • Instalación dos habituais sinais para ciclistas, etc.
  • Elaboración e instalación de sinais de mobilidade peonil en puntos estratéxicos do barrio
  • Instalación de pezas de urban Knitting, a cargo das da Ajhulla, se non chove moito
  • Curso rápido de twitter para principiantes (traede instalada a aplicación e vinde dados/as de alta).
  • Encontro de tuiteiros/as do barrio (hastag suxerido: #Sanpedrochia)

Os traballos comezarán as 10h na Cruz de San Pedro, onde montaremos a base de operacións e repartiremos as tarefas.

As actividades de twitter serán despois de xantar (contra as 15.30); poderían adiantarse se chove moito. A esa hora faremos entrega do premio do concurso fotográfico das Obras da Rúa de San Pedro.

You must be logged in to leave a reply.