Xa está aquí o programa definitivo do Revoltallo Audiovisual, o nome que a partir de agora terán os antigos ciclos Coñecer para cambiar e Filmar para cambiar, que organizamos en colaboración con Amarante e Verdegaia.

Agora, máis e mellor, a iniciativa pasa a chamarse Revoltallo audiovisual.

O programa comeza o 30 de abril e prolongarase ata o 21 de maio, en diversas quedadas, e ollo, que tamén hai algún cambio nas sedes:

30/04 ás 19h na Biblioteca Anxel Casal

Proxección das curtametraxes gañadoras do Filmar para Cambiar de 2013

7/05 ás 20h no local da Xuntanza

Mesa redonda: O audiovisual no allo social

16-17-18/05 (a fin de semana, polas tardes)*

Obradoiro audiovisual de videos contra o capital

21/05 ás 20h, no local da Xuntanza

Final do concurso de curtas Revoltallo 2014. Proxección

Se queres enviar a túa curta ao concurso: o prazo remata o día 30 de abril e aquí tes as bases a información, as bases do concurso e a ficha de inscrición

Se queres participar no obradoiro*: podes inscribirte ata o 14 de maio en revoltallo2014@gmail.com e ten un prezo de 20 €.

*Desenvolverase o venres de 18 a 20h e o sábado e o domingo de 17 a 20h, en colaboración con Illa Bufarda

Agardamosvos!

You must be logged in to leave a reply.