28. Febreiro 2014 · Comentarios desactivados en Revoltallo audiovisual 2014 · Categories: A Xuntanza, Actividades

Lembraredes os ciclos de Coñecer para cambiar e o certame Filmar para cambiar? eran actividades organizadas conxuntamente con Verdegaia e Amarante Setem para coñecer e debatir sobre consumo responsable, xestión alternativa dos recursos comúns, etc.

O extraordinaria acollida do concurso de curtametraxes Filmar para cambiar amosounos o voso interese por aplicar a creatividade para axudarnos a coñecer e reflexionar sobre estas cuestións. É por isto que, novamente, as tres entidades decidimos reorientar a programación da actividade; nace, daquela o Revoltallo audiovisual, que non é un concurso nin un ciclo de cinema pero que ten un pouco de cada cousa e mesmo un obradoiro para quen teña moito que contar e non saiba moi ben como.

Así, este ano, teremos:

  • Concurso de curtametraxes de temática social e/ou ambiental (prazo de entrega ata o 30 de abril)
  • Proxección das curtas gañadoras o ano pasado (o 30 de abril)
  • Presentación do documental galego Tesouro de Corcoesto, dirixido por Cora Peña (o 7 de maio)
  • Obradoiro Allovisual de vídeos contra o capital (fin de semana do 17 de maio)
  • Proxección das curtas gañadoras do concurso Revoltallo 2014 (21 de maio)

Aquí tendes toda a información, as bases do concurso e a ficha de inscrición; remata o prazo o 30 de abril

Este ano os eventos celebraranse na Biblioteca Anxel Casal e no local da AV A Xuntanza.

Contacto: revoltallo2014(arroba)gmail.com

 

Comments closed.