Vista a boa acollida da actividade musical para bebés e mamás/papás que desenvolvemos no CSC da Trisca á Marcela, a monitora, ocurriuselle que moita xente non pudo asistir pola incompatibilidade de horarios e que había quen quería afondar máis nas habilidades desta actividade. Xa que logo, decimos programar conxuntamente un novo obradoiro, esta vez intensivo, no que as persoas interesadas tiveran unha nova oportunidade.

O obradoiro será sobre O debuxo rítmico e a canción infantil como ferramentas educativas.

Baixo este título abordaránse cuestións como o desenvolvemento psicomotriz, o espacial, o da linguaxe, o debuxo rítmico ou mesmo o uso das cancións como instrumento para facilitar ritmos e rutinas na vida da xente miúda. Está dirixido non só a pais/nais senón tamén a calquera outra persoa interesada (mestres, educadores, etc.)

Xa sabedes que Marcela Rubiano é profesora de música, especializada no ensino de nenos e nenas dos 0 aos 6 anos.

O obradoiro terá lugar o próximo día 8 de marzo, sábado, no Centro Sociocultural da Trisca, de 10 a 14h e de 17 a 21h.

É imprescindible a inscrición previa, que se fará nos teléfonos 695.052.812 / 981.936.215.

O prezo é de 25 €

 

You must be logged in to leave a reply.