Comezaremos o 2014 con moitas ganas de facer cousas. Propoñémosvos, para ir quecendo motores, un obradoiro de cestería tradicional a cargo de Oscar Prieto Pita.
O programa, sen dúbida, promete:
- Historia da cesteiria e aproximación aos
diferentes vexetais cesteables - A riqueza e diversidade da cestería
tradicional galega - A cestería en vimbio. Aproximación e
toma de contacto con este material. - Construción rectangular libre baseada en
un “paxe feixeiro”, cesto típico da mariña
lucense.
Apetece?
Será na fin de semana do 11 e 12 de xaneiro (de 10-14h e de16-21h, completiño!).
Prezo: 82 €
Dúbidas e inscrición: info@axuntanza.org ou Tel. 606985280
O número de prazas é limitado (12)
Pago electrónico da cota (Paypal)