A Vogalía da Muller e a nosa Asociación rexeitan a violencia en calquera dos seus formatos e manifestacións, por iso queremos convidar a todo o barrio de San Pedro  (mulleres e homes, nenos e nenas) a participar na elaboración mural contra a Violencia de Xénero.

O MURAL xirará ó redor de tres preguntas:

  • Que é para ti a violencia contra as mulleres
  • Que podemos cambiar  no día a día?
  • Cando non sexa necesario celebrar este día, que propós para celebrar?

 

A idea é que entre todos e todas armemos ese mural colectivo. Pódedes traer todo tipo de material (fotos, frases, debuxos, teas, novas de xornais, imaxes, contos, etc.)

Tamén haberá alí material para poder facer cousas ese mesmo día.

 

SERÁ O PRÓXIMO SÁBADO, DÍA 23 DE NOVEMBRO, DE 11 A 13.30H na rúa dos Concheiros, á altura do núm. 10
VINDE COA FAMILIA, COS AMIGOS E AMIGAS, COS VECIÑOS E VECIÑAS!!!!  AGARDÁMOSVOS coas vosas ideas, aportacións, comentarios…

 

O día 25, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, convidámosvos a poñer nas vosas fiestras, portais, escaparates, perfis das redes sociais etc. este carteliño

You must be logged in to leave a reply.