E agora sí que pechamos a oferta de actividades estables para este curso. As últimas incorporacións tardaron algo en concretarse pero agardamos que sexan tamén do voso gusto.

 

As nominadas son:

  • Corpo e danza. Sentir o corpo a través da danza e doutras técnicas de traballo corporal
    • martes de 17.30 a 19h  Prezo: 25 €. Monitora: Inés

 

  • Guitarra: luns 18 a 20h ou mércores de 16 a 18h
    •  Prezo: 30 € (aula colectiva). Monitor: Xavier

 

  • Zumba: mercores de 11.30 a 12.30
    • Prezo: entre 15 e 20 €. Monitora: Lucía

 

Todas estas actividades comezarán na primeira semana de novembro

Poderedes anotarvos os días 16, 23 e 30 de outubro, no noso local de 19 a 21h  e o 6 de novembro.

A estes prezos, haberá que sumarlle a achega para mantemento do local de 2 € por persoa/mes e, para aquelas persoas non asociadas ou non inscritas noutras actividades, a achega de inscrición de 10 €

 

Finalmente, non esquezades esta outra actividade: Cantar e xogar, destinada a bebes e familias.

You must be logged in to leave a reply.