Vivir a música dende a primeira infancia constitúe un punto de partida privilexiado. Co acompañamento de canciónspequenos e pequenas inician o descubrimento do seu corpo, da linguaxe oral, do ritmo e do movemento; aprenden a sentir, a percibir e pouco a pouco, a expresarse.

Dirixido a: pais e nais con nenos dende os 6 meses ata os 3 anos, que queiran compartir experiencias de calidade cos seus pequen@s, mentres aprenden xogos e cancións que axudan a incorporar o ritmo na súa vida. Tamén está dirixido a persoas que teñan un vínculo con eles ou se encarguen do seu coidado e educación, xa que esta é a idade na cal a xente miúda aprende principalmente mediante a imitación.

Imparte: Marcela Rubiano Carmona. Licenciada en Belas Artes.Traballou na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela como profesora de Música e Movemento e Iniciación á Linguaxe Musical. Actualmente dirixe as actividades “Música para cantar e xogar” e “Aprendo coa Música”, na Biblioteca Municipal de Santiago de Compostela Anxel Casal.

  • Cando?: Venres e sábados de 11 a 12h
  • Onde: No centro sociocultural da Trisca (ollo!)
  • Prezo: 20 € ao mes.

You must be logged in to leave a reply.