A Xuntanza

19-Marzo -2010

O PARQUE DE BELVÍS

Arquivado en: A Xuntanza — Administrador @ 2:50 pm

Levamos anos loitando porque o parque de Belvís sexa un espazo verde rematado, sen obras e co axeitado mantemento. Tamén porque sexa un elemento importante na nosa mobilidade, porque podamos usalo para ir doadamente ao Ensanche.
Unha vez que están rematadas as obras na rúa do Olvido o valor do parque como unión entre os dous barrios é máis que evidente. Non obstante, non podemos usalo tras o solpor.
O alumeado non só é deficiente senón que ademais non funciona moitos días. O treito resulta xa que logo perigoso pois é preciso salvar o rego do Cancelón por pontes que non teñen varandas e pasar varios treitos de escadas.
O ideal sería que houbera luz dabondo para cruzar o parque e que os camiños estiveran pensados non so para pasear senón tamén para ser usados nos traxectos cotiáns; habería que facelos máis rectos e cun trazado que permitira salvar a pendente sen quedar sen folgos. E aptos para todos e todas, mozos e maiores.
Tamén que se restrinxira a velocidade e volume de tráfico que atravesa o parque.
Por todo elo, reclamamos unha vez mais o noso dereito a ir a pé dun sitio a outro, tamén en Belvís.

Non hai comentarios »

Ainda non hai comentarios.

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. URI para o rastro (Trackback)

Deixa un comentario

You must be logged in to post a comment.

Xestionado con WordPress