Moitas grazas a todas e todos os que participachedes no Día do Barrio, limpando, ganchillando, pintando, facendo xardíns… O barrio é un espazo mellor grazas a todas e todos vos.

Para quen de vos non puido vir ou marchou antes de rematar:

  • No Parque da Trisca, podedes ver o traballo dos nosos artistas
  • Nos Concheiros, Fraguas e Cruceiro de San Pedro aínda están os xardíns de beirarrúa.
  • Algunhas das nosas zonas verdes están, a todas luces, máis limpas.
  • Os alimentos recollidos foron entregados ao Banco de Alimentos que quere agradecer fondamente a vosa xenerosidade.
  • Temos unha mellor información das deficiencias do noso barrio, grazas rapazas e rapaces do grupo Scout Khanhiwara.
  • Podemos mellorar os nosos hábitos veciñais cos carteis de “Etiqueta Urbana” que atoparedes na vosa rúa.
  • Probamos e reivindicamos o impresncidible paso de peóns na parte estreita da Rúa de San Pedro.
  • E algunhas outras cousas que, agardamos, sexades quen de percibir ao pasear polas nosas rúas.

O venres, día 28 volveremos a colocar todas as pezas de “Agullas na cidade”, froito do traballo do grupo de ganchilleiras e calceteiras.

Aqui tendes unha pequena galería de imaxes. Agardamos as vosas fotos para completala!

 

You must be logged in to leave a reply.