14. Febreiro 2013 · Comentarios desactivados en UNHA NOVA EDICIÓN DO CICLO “COÑECER PARA CAMBIAR” · Categories: A Xuntanza, Actividades, O Barrio

Despois da boa acollida do ano pasado, imos a aventurarnos unha vez más a organizar, xunto con Verdegaia e Amarante, unha nova edición do ciclo de cinema Coñecer para Cambiar.

Desta volta terá unha periodicidade mais doada de lembrar: cada 3º mércores de mes, no noso local ás 20h. Comezamos o próximo día 20 de febreiro e remataremos o día 22 de maio.

O programa:

  • 20 de febreiro: “Co teu diñeiro”, sobre a banca tradicional e as alternativas cidadás.
  • 20 de marzo: “In Transition 2.0”, sobre o Movemento en Transición e a súas inspiradoras experiencias.
  • 17 de abril; Ouro azul, a guerra da auga. Aínda que pareza dificil imaxinalo nestes días tan grises, a auga -ese recurso estratéxico e vital- pode e vai ser -segundo nos contan neste filme- motivo de crises futuras.

E tachaan!! Neste ano como novidade, queremos facervos protagonistas deste ciclo asi que na última xornada, o día 22 de Maio terá lugar a proxección das curtas participantes no concurso Filmar para Cambiar.

Esta nova proposta quere dar acollida ás vosas curtas sobre temas sociais e ambientais. Tendes de prazo ata o día 30 de abril para facer chegar os vosos filmes.

Toda a información, as bases e o formulario de inscrición, na web de Verdegaia. Agardamos as vosas propostas!!!

 

 

Comments closed.