Comezamos o curso de actividades regulares da Asociación Veciñal A Xuntanza. Durarán de outubro a xuño e serán no noso local habitual na rúa das Fraguas 37, baixo.
A nosa proposta busca ofrecer espazos para aprender, pasar uns bos intres, coñecerse e recoñecerse como persoas que compartimos a nosa pequena pero marabillosa comunidade.
Queres participar nalgunha das nosas actividades?
Bota un ollo ao cartel a ver cal é a túa actividade preferida e ven facer barrio con nós ?️?
Como matricularte nas nosas actividades?:
Entre o luns 29 de Setembro e o venres 3 de Outubro de 19 a 21h estaremos no local da asociación para xestionar as matrículas e atender as vosas dúbidas.
Importante a ter en conta en todas as actividades:
• Comezan o día 6 de Outubro
• As persoas que repiten actividade teñen garantida a praza na actividade que fixeran o ano anterior.
• As persoas asociadas teñen preferencia nas actividades en caso de lista de agarda.
• Teñen unha matrícula de 12€ (a inscrición será gratuíta para as socias e socios que estean ao día do pago da cota; quen non a teña actualizada pode facelo os días de matrícula no local?).

Pago electrónico da cota (Paypal)