
Ben sabedes, porque o vivides cada día, da crecente presenza da actividade turistica no noso barrio.
Coñecedes ben o lado bo, ese da xente riquiña que ven a vernos e gozar das nosas rúas e compañía, e experimentades tamén o lado malo. Ese da ocupacion das nosas rúas, a banalización do noso patrimonio, a invasión do espazo publico, os ruídos…
Tamén vivides o lado cruel, o da suba dos alugueiros e da expulsión de persoas e negocios da nosa comunidade.
Atentas a esta situación e procurando enriquecer as nosas perspectivas e propostas organizamos coa AV Fonseca un pequeno acto o proximo mércores no Museo do Pobo Galego.
Será para coñecer de primeira man os resultados da investigacion sobre o impacto do turismo nas nosas comunidades locais desenvolvido pola Rede Galabra, que xa hai anos puxo sobre a mesa datos reais sobre a nosa complexa relación coa actividade turística, a deriva do Camiño e outros temas de interese.
Pensamos que para entender a realidade e xerar novas perspectivas é preciso informarse e ter en conta os datos e análises, máis alá de contos e sucedidos. Nisto, como en todo, a información é poder ou polo menos máis capacidade de acción.
Por iso queremos convidarvos a coñecer de primeira man os resultados desta investigación, porque no correcto equilibrio da actividade turística coa vida comunitaria está o futuro do noso barrio.
Agardamosvos!
Lembrade:
O Impacto do Camiño nos nosos barrios. Presentación a cargo do Prof. Elias Torres
Mercores 19 de febreiro as 19h
Auditorio do Museo do Pobo Galego
Agradeceremos tamén que axudedes a difundir o acto entre a veciñanza e nas redes sociais.