Xa estamos de volta tras o parón do verán. A xunta directiva reuniuse onte para retomar os asuntos pendentes e planificar un pouco o novo curso.
Entre os temas tratados estaba a posta en marcha da nosa oferta de actividades. Estamos aínda traballando pero xa hai cousas decididas así que para que podades ir organizándovos:
- O curso comezará na primeira semana de outubro, coma sempre.
- Haberá repescas de matrículas e de prazas libres ao longo do mes pero hai grupos que se pechan pronto asi que é mellor matricularse xa.
- Faremos pública a nosa proposta nos próximos días, así que pechemos algún detalle e preparemos a comunicación.
- En principio mantense unha boa parte das actividades e horarios do ano pasado. Haberá algunha novidade.
- A matrícula terá lugar na última semana de setembro, polas tardes. Anunciaremos días e horarios.
- As condicións serán as de sempre: son actividades abertas, con matrícula gratuíta para as socias que teñan ao día a súa cuota anual (podedes pagar ao anotarvos) e cunha achega de 12 euros para as persoas non socias.
- Haberá este ano tamén propostas puntuais que iremos anunciando ao longo do curso.
Agardamosvos!