07. Maio 2018 · Comentarios desactivados en Xa está aqui o Prestogal · Categories: O Barrio

Seguindo o camiño iniciado polo Mercado do Caracol, traemosvos unha proposta que nos axudará a facer máis sostible o barrio e as nosas casas.

É unha iniciativa que ven promovida pola Concellaría de Benestar: o Prestogal

  • Non sabes o que é o Prestogal?

É unha plataforma web para intercambiar, prestar ou ceder recursos entre a veciñanza da cidade.

  • Qué?

Obxectos que usas pouco ou que xa non usas pero que aínda teñen vida útil poden ser de utilidade para outra persoa. Se os subes ao Prestogal estarán a disposición doutro veciño ou veciña.

Por exemplo, ese taladro que usas de cando en cando, a panificadora,… podes emprestalo ou cedelo.

  • Como?

Os socios e socias das entidades veciñais que queiran usar o Prestogal terán que darse de alta; logo poderán subir a ela os obxectos que queren dispoñibilizar ou ben poderán buscar o que precisan.

  • Para qué?

Para mellorar os nosos habitos de consumo, para reaproveitar o que nos sobra; para fortalecer os vinculos entre veciños e veciñas.

E ademáis, os Servizos Sociais do concello teñen acceso á plataforma para que as persoas máis necesitadas que non teñen acceso a Internet nin a asociacións, tamén podan acceder aos recursos coa axuda do persoal de Servizos Sociais que actuará de intermediario.

Quedas con dúbidas? Bota unha ollada a este video

O acceso á plataforma faise a través da súa web, que é esta.

É imprescindible para participar na plataforma ser socio/a da AV A Xuntanza. Se estás interesado/a e queres asociarte tes aquí toda a información que precisas.

 

Comments closed.