18. Xaneiro 2018 · Comentarios desactivados en De novo no noso local, na rúa Fraguas · Categories: A Xuntanza, O Barrio

Como ben sabedes, o noso local está novamente integrado na Rede de Centros Socioculturais desde o mes de xullo, pois nese momento o Concello asumiu novamente os custes do alugueiro.
O novo contrato de alugueiro fixo necesarias unhas pequenas obras que deron ao local unha maior accesibilidade e seguridade. Aproveitouse para pintar e adecentar as paredes e, pola nosa parte, fixemos tamén algo de limpeza e ordenación.
A semana pasada fumos recuperando nel a nosa actividade cotiá e alí estaremos, xa que logo, por unha tempada.
Xa instaladas na normalidade, queremos agradecer públicamente:
  • Á comunidade Salesiana pola súa xenerosidade á hora de acollernos durante eses días e a súa paciencia ao aturar as nosas idas e vidas, ruidos, horarios ….
  •  Ás persoas que, no Concello e na asociación, traballaron a reo para que a administración saldara este agravio histórico de ter que pagar dúas veces polo que outros tiñan gratis. E que se esforzaron para que as obras foran o mais rápidas e indoloras posible.
  •  Ás persoas que participan nas actividades, que aguantaron a mudanza e as incomodidades derivadas.
  • As socias e socios, veciñas e veciños que nestes anos soportaron coas súas achegas e cotas os desembolsos derivados dun local que debería ter sido financiado polo concello, por canto completa os servizos dados polo CSC da Trisca, que é manifestamente insuficiente para atender ás necesidades do noso barrio.

A todos e todas, moitas grazas!

Na proxima Asamblea anual, que será pronto, daremos noticia máis detallada.

Comments closed.