01. Xuño 2017 · Comentarios desactivados en 10 de xuño, Dia do Barrio · Categories: A Xuntanza, O Barrio

Xa temos aqui unha nova edición do Dia do Barrio, esa xornada na que dedicamos un pouco do noso tempo a facer do barrio un espazo mellor e a crecermos como comunidade e como persoas.

A cita será o sábado día 10 de xuño a partir das 11h na Cruz de San Pedro, ata as 14h

Aínda que non entran estrictamente na programación do Dia do Barrio, queremos recomendarvos dúas actividades desa fin de semana que, en certo modo, van na mesma onda.

  • Sábado 10 ás 12 na @unitaria: Evento de presentación do Mapa Emocional do barrio de San Pedro.
  • Domingo 11 de xuño ás 10h. Carreira popular do Barrio de San Pedro, organizada polo Centro Xuvenil don Bosco. Con saída da Porta do Camiño

Unha fin de semana completa na que tes ben onde elixir.

 

Aínda non sabes que é o Día do Barrio?

O Día do Barrio é unha xornada especial.

Ese día aprendemos a compartir e coidar os nosos espazos públicos
colaboramos para mellorar o aspecto das nosas rúas e recunchos
e, como  non podía ser menos, pasaremos un bo rato cos nosos veciños e veciñas.

Por que?, porque:

O barrio é a nosa casa e nós temos que ser os primeiros en coidalo, no día do barrio e nos outros días do ano; non queremos suplantar aos servizos municipais.
Porque somos moi creativ@s e podemos facer cousas moi chulas

Que faremos?

Un pouco de todo, como os anos anteriores, en función da cantidade de xente que participe. Pero desde xa, algunhas ideas que precisan da vosa colaboración e tendes que comezar a traballar nelas:

Facer deseños nas beirarrúas e prazas con xogos
Recollida de alimentos para o Banco de Alimentos
Restauración da instalación de Urban knitting na praza 8 de marzo
e moitas cousas mais
Agardamos por ti!

Comments closed.