27. Abril 2017 · Comentarios desactivados en Construíndo o maio, creamos barrio · Categories: A Xuntanza, Actividades, O Barrio

A primavera chegou e aínda non o celebramos?

Neste barrio si. Imos recibila como se merece, porque queremos darlle a benvida á luz, ás cores, ao florecer… cun xuntarse e desfrutar, cunha actividade que nos permita tamén vernos e colectivamente, facer barrio.

“Construíndo maios, creamos barrio”. Isto é o que vos propoñemos.

Despois da marabillosa experiencia de montar un maio entre todxs o ano pasado, acompañadxs de cadenetas de ovos e pampullos, co recendo de laranxa… non nos resistimos e este ano volvemos reunirnos para construír un novo maio, para crear novas conversas, novos espazos, novas risas, mentres facemos barrio e estreitamos lazos.

O plan que vos propoñemos:

 5 de maio: 17h, Cruz de San Pedro

Este día encantaríanos que vos animásedes e que nos acompañásedes a recoller o material fundamental e necesario para crear este maio colectivo. Non nos cansaremos de dicilo, pero é un día ideal para gozar da natureza entre peques e maiores, de relacionarnos, de descubrir lugares da concello, de pasar un bo rato de maneira divertida e diferente.

Se te animas a vir, podes e tes, trae guantes, tesoiras e similar. Se non tes, non te preocupes e vén igual, levamos nós material para poder recoller todo o que precisamos.

6 de maio: 10h, Cruz de San Pedro

Se te perdiches a oportunidade de participar na recollida de material o venres, sen problema. A esta hora volvemos quedar para apañar máis. Anímate!

 

6 de maio: 12h, Cruz de San Pedro

Construímos o noso maio. Comezaremos a montar, a coser pampullos, fiúnchos, ovos e laranxas… Aí estaremos para que te sumes no momento que poidas, para que cosas un rato, para que saúdes, rías, para que te achegues e nos deas conversa, para que veñas e participes como queiras, para que te quedes e pases o día… Para ser parte desta construción, deste crear.

Tamén vos animamos a traer a vosa comida á praza e que compartamos un xantar común, de todxs, para todxs. Un espazo gastronómico distinto

Comments closed.