O Día do Barrio é unha xornada especial.
Ese día
- aprenderemos a compartir e coidar os nosos espazos públicos
- colaboraremos para mellorar o aspecto das nosas rúas e recunchos
- e, como non podía ser menos, pasaremos un bo rato cos nosos veciños e veciñas.
Por que?, porque:
- O barrio é a nosa casa e nós temos que ser os primeiros en coidalo, no día do barrio e nos outros días do ano; non queremos suplantar aos servizos municipais.
- Porque somos moi creativ@s e podemos facer cousas moi chulas
A cita será o sábado día 11 de xuño a partir das 11h na Cruz de San Pedro, ata as 14h
Que necesitades?
- Ganas de traballar
- Anotarte mandandonos unha mensaxe a info(arroba)axuntanza.org, non porque sexa obrigatorio senón porque asi podemos organizar mellor as tarefas.
Que faremos?
Un pouco de todo, como os anos anteriores, en función da cantidade de xente que participe. Pero desde xa, algunhas ideas que precisan da vosa colaboración e tendes que comezar a traballar nelas:
- Facer deseños nas beirarrúas e prazas con xogos
- Recollida de alimentos para o Banco de Alimentos
- Instalación dunha mostra de Urban knitting
- e moitas cousas mais