18. Xuño 2015 · Comentarios desactivados en Cacharela 2015 · Categories: Uncategorized

Un ano máis celebraremos a chegada do verán cunha cacharela e sardiñada aberta a toda á veciñanza. Será, coma sempre, o día 23 a partir das 21h na Cruz de San Pedro.

Aproveitando a ocasión, queremos informarvos do custe aproximado que a actividade ten para as arcas da Asociación, xa que -en contra do sentir popular- este evento, como todos os de esa noite noutras partes da cidade, é financiado na súa integridade polas entidades convocantes.

Os gastos do ano pasado foron:

  • Sardiñas 453,75 €
  • Area 31,76 €
  • Pan 61,25 €
  • Cartelaría 32,67 €
  • Carbón vexetal 78,75€
  • Total 658,18€

Houbo tamén algúns gastos menores (ferramentas, servilletas, rastrillo, panos etc.) que non entraron na conta da asociación ao seren pagados en efectivo polo voluntariado (arredor de 60-80€).

Este ano, como vedes no cartel, figura como entidade organizadora á AC do Barrio de San Pedro, tamén chamada Comisión de Festas, que pon a nosa disposición un dos enganches eléctricos que se instalarán para as festas. Sen el, por motivos de seguridade, a nosa pequena festa non sería posible.

Comments closed.