Os colectivos A Xuntanza, Verdegaia e Amarante Setem, que vimos de organizar durante varios anos consecutivos o ciclo de cinema documental “Coñecer para cambiar”, decidimos xa no ano pasado reorientar a nosa programación cara un novo formato onde queremos pór o foco na participación cidadá.
Xurdiu así o “RevoltAllo audiovisual”, que non é un típico ciclo de cinema documental, senón un espazo para o encontro do audiovisual cun público que deixa de ser suxeito pasivo para seren tamén partícipe activo e mesmo creador do seu propio discurso.
Desta volta enfocamos o noso esforzo na formación, dirixida a persoas e colectivos que dalgún modo teñen relación co activismo social, cultural e/ou ambiental. Para iso contamos coas compañeiras da Illa Bufarda, que achegarán cun obradoiro práctico as ferramentas básicas para a elaboración de materiais audiovisuais que poidan dar apoio a ese activismo.
VIDEOREBELDÍA: Obradoiro de videocreación crítica.
-
nº de horas formación audiovisual con Illa Bufarda: 9 horas.
-
nº de horas de traballo autónomo / gravación e finalizar a edición: 4 horas.
- luns 11, 18 e 25 de maio; de 19 a 22h.
- grupo mínimo de 10 e máximo de 20 persoas.
REQUISITOS TÉCNICOS E ECONÓMICOS PARA PARTICIPANTES – Ter un mínimo de 5 cámaras entre tod@s. – Ter un mínimo de 5 computadores entre tod@s. – Custe de inscrición de 50 euros por persoa (a pagar na primeira sesión). – Ganas de comunicar e rebelarse! NOTA: Os grupos de traballo serán dun máximo de 5 persoas. A configuracións dos mesmos farase en función do reparto Tendes aquí, toda a información