16. Outubro 2014 · Comentarios desactivados en O Sábado 25 de outubro, Mercado do Caracol · Categories: O Barrio, Uncategorized

Trae a túa casa ás costas ao Mercado do Caracol

Pensamos que estes tempos complicados son perfectos para simplificar as nosas vidas, para interiorizar a práctica dos 3R (reducir, reutilizar e reciclar) e para ser máis solidari@s.

 Lembras esa cafeteira en perfecto estado que esmorece nun armario da túa casa? Esa lámpada que realmente nunca conseguiches encaixar na túa sala? E aqueles patíns tan lindos? A bici estática-percheiro?… Fai inventario, simplifica a túa vida e trae contigo todas esas cousas pois aqui poderás vendelas, trocalas ou mesmo regalalas.

 Soñas con renovar a túa mesiña de noite cunha lámpada resultona e eficiente? Gustaríache equipar mellor a túa cociña? Tes grandes proxectos para este curso e precisas accesorios deportivos?… Este é a túa oportunidade.

 Que algunha das túas trapalladas é grande? Trae a unha foto e poderás atopar quen o necesite.

 Buscas… pero non sabes moi ben que? Leva a túa lista, porque nas nosas casas hai moitas cousas durmindo polas esquinas que mellor estarían noutro fogar.

 … e aínda poderás redescubrir unha zona do barrio e os seus establecementos comerciais.

 A cita é o sábado 25 de outubro na Rúa do Home Santo, das 11 ás 14h.

Se queres vir e traer a túa casiña, lee con atención estas instrucións e mandanos un email a axuntanza01@gmail.com

Atención: Se o prognostico meteoróloxico é de choiva, a actividade será cancelada.Estade atentos/as á web ou Redes Sociais.

Comments closed.