VISITA Á CIDADE DA CULTURA
Unha vez máis teremos oportunidade de visitar as obras da Cidade da Cultura. Será o próximo sábado día 29 de novembro. Como noutras ocasións o punto de encontro e saída será o Multiusos de Sar aló polas 11.50. Tamén novamente, o grupo de participantes nesta actividade é limitado así que aquelas persoas interesadas en asistir terán que contactar coa Xuntanza para apuntarense nos teléfonos 639820168 ou 606985280.
