A Xuntanza

30-Xuño -2008

ACTIVIDADES 2008-2009

Arquivado en: A Xuntanza — Administrador @ 5:52 pm

Durante as semanas do verán a actividade da Asociación non se interrompe pero tomamos uns días de descanso. En setembro prepararemos o novo calendario de actividades. Se queres estar informado/a e recibir o calendario na túa caixa de correo ou ben formular unha suxestión de actividade, non dúbides en escribirnos a info(arroba)axuntanza.org
FELICES E MERECIDAS VACACIÓNS A TODOS E TODAS

24-Xuño -2008

FESTAS 2008

Arquivado en: A Xuntanza — Administrador @ 10:47 am

cartaz das festas 2008 Veciños e veciñas,
hoxe comeza unha edición máis das nosas festas. Serán 6 días ateigados de actividades para todos os gostos e todas as idades. Os días fortes serán do xoves ao domingo.
Música, teatro, exposicións, a feira, a romería, verbena… moito que facer e gozar. Na feira do sábado, coma noutras edicións, a Asociación Veciñal montará un posto informativo para dar a coñecer o noso traballo e as actividades máis recentes.
Alí, e nas rúas, agardamos por vos.

22-Xuño -2008

CACHARELA 2008

Arquivado en: A Xuntanza, O Barrio — Administrador @ 5:41 pm

cartaz sardinada Na próxima noite de San Xoán, luns 23, terá lugar coma sempre a cacharela do Barrio de San Pedro.
Será a partir das 9 da noite e haberá lume, sardiñas, viño e festa.
Estades convidados todos e todas.

5-Xuño -2008

AS OBRAS NA RÚA DO HOME SANTO E BETANZOS

Arquivado en: A Xuntanza — Administrador @ 5:30 pm

A Comisión Municipal de Goberno decidíu, finalmente, rexeitar o anteproxecto de obra presentado para a Rúa do Home Santo. Á vista delo, a Asociación Veciñal quere lembrar á veciñanza os puntos básicos deste asunto.

Situación de partida

  • As rúas de Betanzos e Home Santo presentan un estado deplorable e incumpren case todas as normativas sobre mobilidade e seguridade: beirarrúas estreitísimas e a diferentes niveis, vehículos estacionados sobre elas, equipamentos obsoletos ou inexistentes, etc., Outro tanto pode decirse de case todas as rúas do barrio.
  • Ás reiteradas solicitudes desta Asociación, o Sr. Alcalde respondeu en novembro de 2005 comprometéndose á acometer a reurbanización desas rúas en 2006, quedando para o 2007 a de Belvís e a Calzada de San Pedro. En 2007, repetiu o compromiso e outra vez –xa non para a rúa de Betanzos- en marzo de 2008.

A día de hoxe a situación, en resumo, é:

  • Na obra de Betanzos, o principal obstaculo é a necesidade de cambear unha condución de auga da traída da cidade que baixa por esa rúa. Evidentemente esqueceronse dela o Sr. Alcalde, o Concelleiro e os técnicos que manexaron este proxecto e fixeron promesas varias durante estes anos.
    As desculpas e excusas son, evidentemente, pouco satisfactorias pero está claro que queda para máis adiante.
  • Despois de tres anos de conversas e queixas, hai un anteproxecto para Home Santo. É incompleto xa que non inclúe toda a rúa e esquece o soterramento do transformador e a ordenación desa praciña; é moi insatisfactorio porque a ampliación de beirarrúas obrigará a desaparición de prazas de aparcamento para as que non se pensou unha alternativa.

Á vista desto, a posición da Xunta Directiva é:

  • Rúa de Home Santo: non podemos entender cómo un proxecto que se está preparando desde hai tres anos no Consorcio ou no Concello -ou nos dous sitios, porque nunca estivo claro- pode chegar a nós incompleto. So o desinterese dos responsables do Consorcio e do Concello pode explicalo.
  • Rexeitamos o traballo en solitario do equipo do anteproxecto, que non ten en conta as necesidades e inquedanzas da veciñanza, repetidamente expresadas por esta Asociación Veciñal: soterramento do transformador de enerxia electrica e arranxo do espazo que ocupa, ordenación da convivencia vehículos/peóns…
  • O proxecto que se presentou non presta atención á resolución dos problemas de convivencia peóns/vehículos: prazas de aparcamentos, pavementos accesibles… Unha vez máis, damonos conta do necesario que é ter unha folla de ruta a respecto da mobilidade á hora intervir nas nosas rúas.
  • Rúa de Betanzos: se o principal problema é esa condución de auga –que está ahí desde sempre-, ¿cómo pode ser que se fixese –supostamente- un proxecto de obra que non reparou nela?. ¿Porqué o sr. Alcalde e o Concelleiro delegado anunciaron repetidamente esas obras que nunca se executaron?

Xestionado con WordPress