COMUNICADO DA XUNTA DIRECTIVA
Á vista da polémica xurdida nas últimas semanas sobre o plan de mobilidade, a xunta directiva acordou facer público un comunicado. Nel se reseña a histórica loita desta asociación por unha convivencia ordenada de peóns e vehículos no barrio e a necesidade de que calquera intervención se faga dentro dun proxecto global que inclúa a todas as rúas. A veciñanza de Betanzos e Home Santo (cunha remodelación pendente desde 2006), da Costa do Veedor ou Quiroga Palacios ten tamén dereito a camiñar, aparcar e circular.
Os puntos básicos desta vella demanda son:
- Unha estratexia global para todas e cada unha das rúas do noso barrio; non
parches concretos nin intervencións puntuais aquí ou acolá. - Unha solución definitiva e non suxeita a decisións puntuais do Departamento
de Tráfico ou á cor do Goberno Municipal. Aprobada, por tanto, polo Pleno do
Concello. - Un proxecto integral: autobuses, taxis, coches e peóns. Con accións
concretas a desenvolver a curto, medio e longo prazo. - Un modelo que garanta o dereito dos veciños á vivir no seu barrio: rúas
seguras, zonas de aparcamento definidas, itinerarios claros e estables para
entrar e saír do barrio. - Unha proposta que poña fin ao deterioro de moitas vivendas do noso barrio,
que son tamén Patrimonio da Humanidade. - Reclamamos o noso dereito a aparcar, circular e camiñar.
- Reclamamos o noso dereito a gozar dunha mellor calidade de vida.
Non queremos máis parches senón unha solución definitiva.
O texto completo do comunicado en PDF.

