PLAN DE MOBILIDADE
A petición dos socios e socias presentes na Asamblea deste ano, a Xunta Directiva renovará o seu esforzo na petición dun estudo e plan de mobilidade para o barrio de San Pedro. Nesta liña, instalará un posto informativo na Feira que organiza a Comisión de Festas para o próximo día 14 de abril na Rúa de San Pedro.
Haberá unha recollida de firmas para adxuntar á enesima petición que faremos sobre este tema.
É importante para todos e todas e, sobre todo, para o futuro do noso barrio. Ven e asina a nosa petición.
