A Xuntanza

21-Setembro -2006

ACTIVIDADES 2006-2007

Arquivado en: A Xuntanza — Administrador @ 8:46 pm

Xa está nas rúas o calendario de actividades que terán lugar no Local Sociocultural da Asociación durante o próximo curso: ximnasia, manualidades, corte e confección, baile, pandeireta,… Como novidade, xoiería e a cerámica, que este ano comezará xa en outubro.

Os grupos comezarán a funcionar na primeira semana de outubro. Estaremos no local o mércores 27 e o xoves 28 de 7 a 9 da tarde para respostar ás vosas preguntas e recoller as suxestións para o novo curso.

CHARLA DA VOCALÍA DA MULLER

Arquivado en: Vocalía da muller — Administrador @ 8:41 pm

A Vocalía da Muller inicia xa as súas actividades do curso 2006-2007. A primeira cita será o próximo martes 26 de setembro ás 8 da tarde.
Angel Martínez e Mila Budiño, da Asociación Arela. Iniciativas de apoio a infancia virán a visitarnos para participar nunha charla-coloquio sobre A situación dos menores en protección en Galicia.
Por outra parte, e en colaboración co Servizo de Relacións Veciñais do Concello de Santiago, o día 3 de outubro, martes, comezará un cursiño sobre Relaxación Creativa e Masaxe Sensitiva. Será impartido pola Asociación Turmalina.
¡Agardámosvos!

Xestionado con WordPress