A Xuntanza

27-Xuño -2006

FESTAS 2006

Arquivado en: A Xuntanza — Administrador @ 5:36 pm

logo das festas do 2006
AS FESTAS DO 2006 XA ESTÁN AQUI!!!!!.

Do 28 de xuño ao 2 de xullo, música, baile, pasarrúas, teatro, encontro de corais,…
Como nos anos anteriores, a Xuntanza colabora na organización das festas e este ano, o grupo de teatro Carauta, fará ademáis o estreno da súa nova montaxe, Celtas sen filtro.

24-Xuño -2006

EXPOSICIÓN

Arquivado en: A Xuntanza — Administrador @ 10:17 am

cartaz da exposicion de manualidades

Como remate deste curso, os socios e socias que participaron nas actividades farán unha exposición dos seus traballos.
As súas obras estarán no local os días 27 e 28 de xuño de 6 a 8 da tarde.
¡Agardamos por vós!

21-Xuño -2006

CACHARELA

Arquivado en: O Barrio — Administrador @ 7:20 pm

cartel da sardiñada Como xa é unha tradición establecida, a Coordinadora de Barrio organizará o próximo día 23 unha cacharela para celebrar a chegada do verán.
Será na Praza do Cruceiro, onde se poderá deixar a leña a partir das 6 da tarde.

Comezará ás 21.30 h.
Haberá viño, música e sardiñas.

Agardamosvos

20-Xuño -2006

Semana Cultural do CSC da Trisca

Arquivado en: O Barrio — Administrador @ 10:28 am

Hoxe, as 18 h. terá lugar a inauguración da Semana Cultural do Centro Sociocultural da Trisca. Como todos os anos, serán uns días especiais dedicados a recoller o traballo do ano e con actividades distintas, que este ano xirarán arredor da relación das persoas con as máquinas.
Serán charlas, saídas, música, cine, etc que servirán para cerrar o curso 2005-2006.

Xestionado con WordPress