Memoria anual de 2005
Está xa finalizada a memoria anual das actividades e xestións correspondente ao ano 2005. Baixate, se queres, o documento en PDF.
Está xa finalizada a memoria anual das actividades e xestións correspondente ao ano 2005. Baixate, se queres, o documento en PDF.
Onte celebrouse a nosa asamblea ordinaria correspondente ó ano 2006. Pasouse revista ás actividades realizadas e ás xestións levadas a cabo pola Xunta Directiva ó longo do 2005, aprobouse o orzamento para este ano e renovouse, seguindo ós nosos estatutos, a metade da Xunta Directiva.
Os elixidos foron:
VOGAIS:
Segundo nos informaron verbalmente no Consorcio de Santiago, as obras que se levarán a cabo nos próximos meses nas rúas de Betanzos e do Home Santo, mudará radicalmente o aspecto que na actualidade teñen estas rúas. As beirarrúas serán máis anchas e de lousa de granito e a calzada de formigón negro; quedarán un pouco máis estreitas nalgunhas zonas, o que obrigará a eliminar algunhas prazas de aparcamento. O seu aspecto final será semellante ó que hoxe ten a rúa de Sar.
Farase tamén unha renovación total das infraestruturas, que quedarán soterradas baixo á calzada.
Con vistas a prepararnos para estas obras, coñecer o proxecto e recoller as nosas suxestións, a Xerencia do Consorcio comprometeuse a acudir ó barrio e informar á veciñanza dos pormenores das actuacións previstas. A Asociación Veciñal A Xuntanza, solicitará nos próximos días a celebración desta reunión para a que se convocará ós veciños e veciñas das rúas afectadas.
Tal e como regulan os nosos estatutos, no primeiro trimestre do ano ten que se celebrar a asamblea ordinaria da Asociación. A Xunta directiva, na súa última reunión, acordou convocala para o próximo día 7 de marzo as 20.30 h. Nestes días recibiredes a convocatoria.
Os temas serán os tradicionais nesta xuntanza: informes da xestión, rendición de contas da tesoureira e elección de cargos da xunta directiva. Como novidade compre informar da recente dimisión da Presidenta Concha de la Fuente, polo que será preciso renovar tamén este cargo. As candidaturas para os postos a elixir deben presentarse antes do 3 de marzo.
Trataremos tamén das obras que o Consorcio de Santiago ten previsto realizar na Rúa de Betanzos e das implicacións que para todo o barrio terá a posible implementación da ORA en Fontiñas.
Agardamos por vos!
Xestionado con WordPress