Obras nas Rúas de Betanzos e Home Santo
A prensa de hoxe publica a noticia de que, finalmente, o Consorcio de Santiago e o Concello farán efectivo o seu compromiso de reformar e renovar as rúas de Betanzos e Home Santo e, incluso, acceder a petición veciñal de que se retire o transformador que hai xunto a Estación de Autobuses para convertir esa zona nun espacio decente para uso público.
Visto que, por fin, vanse acordar desta zona do barrio só nos queda agardar que, tal e como prometeron, os técnicos encargados destas obras se acheguen por aqui para explicar os proxectos e recoller as suxestións da veciñanza.
A comisión de festas do barrio de San Pedro avísanos de que comenzan as actividades de recadación para as próximas festas. Organiza, xa que non todo ía ser apoquinar, unha cea o vindeiro venres ás 10 da noite á que esta convidada toda a veciñanza.
O próximo venres, día 27 ás 5 da tarde temos previsto realizar unha visita guiada á exposición Frida Kahlo que organiza a
O vindeiro día 2 de febreiro comenzará no noso local un curso de cerámica. O curso terá lugar todos os xoves ás 8 da tarde e está dirixido a todos aqueles veciños e veciñas que teñan interese por iniciarse neste arte.