11. Outubro 2013 · Comentarios desactivados en Cantar e xogar, actividade especial · Categories: A Xuntanza, Actividades

Vivir a música dende a primeira infancia constitúe un punto de partida privilexiado. Co acompañamento de canciónspequenos e pequenas inician o descubrimento do seu corpo, da linguaxe oral, do ritmo e do movemento; aprenden a sentir, a percibir e pouco a pouco, a expresarse.

Dirixido a: pais e nais con nenos dende os 6 meses ata os 3 anos, que queiran compartir experiencias de calidade cos seus pequen@s, mentres aprenden xogos e cancións que axudan a incorporar o ritmo na súa vida. Tamén está dirixido a persoas que teñan un vínculo con eles ou se encarguen do seu coidado e educación, xa que esta é a idade na cal a xente miúda aprende principalmente mediante a imitación.

Imparte: Marcela Rubiano Carmona. Licenciada en Belas Artes.Traballou na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela como profesora de Música e Movemento e Iniciación á Linguaxe Musical. Actualmente dirixe as actividades “Música para cantar e xogar” e “Aprendo coa Música”, na Biblioteca Municipal de Santiago de Compostela Anxel Casal.

  • Cando?: Venres e sábados de 11 a 12h
  • Onde: No centro sociocultural da Trisca (ollo!)
  • Prezo: 20 € ao mes.
17. Setembro 2013 · Comentarios desactivados en Actividades para o curso 2013-14 · Categories: A Xuntanza, Actividades, O Barrio

Aqui tendes a nosa oferta de actividades para este curso.

Novamente, debido á necesidade de facernos cargo do alugueiro do local, unha vez que o concello decidiu rescindir o contrato:

  • Haberá un prazo de matrícula, que será ao longo da semana do 23 ao 27 de setembro para todas as actividades. Estaremos no local de 19-21h, todos eses días para anotarvos e responder a calquera dúbida que podades ter sobre os cursos.
  • Haberá unha achega de inscrición para as persoas que non sexan socias de 10€
  • As clases comezan o 30 de setembro
  • As socias e socios deberán estar ao día do pago da súa cota (lembrade 6, 10 ou 20 €).
  • Todas e todos colaboraremos no mantemento do local cunha achega de 2€/mes.

Estade atent@s xa que temos algunha outra actividade que comezará en novembro e non está no programa.

A nosa oferta:
1.- BAILE GALEGO  Martes de 20:00 a 21:00 horas* /  de 21:00 a 22:00 horas /  de 22:00 a 23:00 horas*
Monitor@: Felisa Segade     *Prezo a repartir entre cada grupo

2.- CANTO  Mércores  de 10:30 a 11:30 e  de 13:00 a 14:00h; Venres de 17:00 a 19:00 horas. Clases individuais.
Monitor@: Paulina Ceremuzynska

3.- CERÁMICA  Mércores de 19:00 a 20:30 horas – 27 €/mes
Monitor@: Juana

4.- NOVA XOIERIA  Mércores de 20:30 a 22:00 horas – 27 €/mes.
Monitor@: Juana

5.- CROCHET (ganchillo) Mércores  de 20:30 a 22:00 horas – 27 €/mes
Monitor@: Juana

6.- CORTE E CONFECCIÓN / Arranxos de roupa Martes     18:00 a 20:00 horas
Mércores 10:30 a 12:30horas                   Xoves      18:00 a 20:00 horas -25 €/mes

Monitor@: Susa Garcia

7.- ENCAIXE DE CAMARIÑAS  Xoves de 20:15 a 22:15 horas
Monitor@: Beatriz Soneira – 200€ todo o grupo, a repartir

8.- GAITA  Xoves de 20:30 a 22:30 horas – 18 €/mes
Monitor@: Marcos Varela

9.- IOGA: Luns de 19:00 a 20:00 horas – 17 €/mes
Monitor@: Maite

10.- PILATES: Luns e mércores de 9:00 a 10:00 horas –  Luns e mércores de 18:00 a 19:00 horas – 22 €/mes
Monitor@: Maite

11.- LINGUA DE SIGNOS:  Xoves de 17.30 a 19:00 Nivel A1, e de 19:00 a 20.30h Nivel A2 – 20€/mes
Monitor@: Galensigna.

12.- PANDEIRETA E CANTO:  Martes de 21:30 a 22:30 horas (Nivel III)
Monitor@: Jara                   Venres de 19:00 a 20h (Nivel I), de 20:00 a 21:00 horas (Nivel II) – 20 €/mes

13.- TEATRO:  Luns de 21:00 a 23:00 horas – 18 €/mes
Monitor@: Beatriz Bravo

14.- COIRO:  Luns de 20:00 a 21:30h – 25 €/mes (iniciación).  Comeza en novembro.
Monitor@: Fer

15.-Tamboril – Percusion tradicional: Martes de 20:00 a 21:30 horas – 20 €/mes
Monitor@: Arantxa.

16.- REQUINTA:  Venres  de 19:00 a 21:00 horas, – 20 €/mes
Monitor@: David

17.- AULAS DE VIOLINO: Luns, Xoves ou Venres de 16 a 18h- 27 €/mes (Grupo 3-4 personas). Tamén clases individuais
Monitor@: Nuria

 

26. Agosto 2013 · Comentarios desactivados en Obradoiro de teatro para actores e non actores · Categories: A Xuntanza, Actividades, Uncategorized

Se buscas ampliar a visión de ti mesmo e as tuas posibilidades humanas ou artísticas anímate a participar neste curso. Permitirache coñecer un sistema de actuación baseado no xesto psicolóxico (que integra corpo e mente).

O obxectivo máis importante deste curso é conectarse co placer, coa creatividade e co outro, isto pode  axudar a verte máis completo e  millorar o teu xeito de comunicarte.
O teatro permite darlle voz a eses personaxes que non se atreven a sair, aos que utilizamos inconscientemente para protexernos,  a eses que creemos que dominamos e os que nos gustaría ser.  A finalidade é achegarmos poco a pouco á nosa verdadeira identidade, nun clima de acollemento e confianza.
O traballo realizase a través de arquetipos: O heroi, o Iluminado, a Nai, o Neno, o Tramposo, Diana Cazadora Independente, a Virxe, o Diaño,  a Vítima, o simple.
Partimos da técnica da actuación de Michael Chejov, basada no xesto psicolóxico: xesto físico+actitude mental, camiñando cara unha actuación integral.

A monitora será Nekane.

Terá lugar os días 21 e 22 de setembro. O sábado de 10 a 14 e de 17 a 21h e o domingo de 10 a 14h.

Prezo: 100 €; 80 € se te matriculas antes do 1 de setembro.

Para anotarse ou resolver dúbidas: capea36@hotmail.com ou 653474085.

 
21. Agosto 2013 · Comentarios desactivados en Curso de lingua de signos · Categories: A Xuntanza, Actividades, Uncategorized

Despois do éxito das convocatorias feitas durante o curso, parece evidente o interese de moitas/os de vos por aprender os rudimentos da Lingua de Signos.

Para quen teña tempo nestes días, propoñemosvos aproveitar as mañas neste Curso de iniciación á lingua de signos, impartido por Galensigna.

Comezará o día 2 de setembro e rematará o 18, para que podades retomar o curso con calma. Será os luns e mércores de 10 a 12:30 H e terá unha duración total de 15 horas.

O custe será de 70 € máis a taxa de inscrición para aqueles non socios/as (5 €) e para anotarvos, o de sempre: chamar ao noso teléfono 606985280 ou ben mandarnos un email a info@axuntanza.org.

 

09. Xullo 2013 · Comentarios desactivados en Aproveitando o tempo libre: curso intensivo de lingua de signos · Categories: A Xuntanza, Actividades

Despois do éxito das convocatorias feitas durante o curso, parece evidente o interese de moitas/os de vos por aprender os rudimentos da Lingua de Signos.

Para quen teña tempo nestes calorosos días de xullo, propoñemosvos aproveitar as mañas neste Curso de iniciación á lingua de signos, impartido por Galensigna.

Comezará o día 15 de xullo e rematará o 31, para que en agosto podades ir en paz de vacacións. Será os días 15, 17, 22, 24, 29, E 31 DE XULLO, ou sexa os próximos luns e mércores de 10 A 12:30 H. (15 HORAS).

O custe será de 70 € máis a taxa de inscrición para aqueles non socios/as (5 €) e para anotarvos, o de sempre: chamar ao noso teléfono 606985280 ou ben mandarnos un email a info@axuntanza.org.

 

 

 

09. Xuño 2013 · Comentarios desactivados en Dia do Barrio 2013 · Categories: A Xuntanza, Actividades, O Barrio, Vogalía da muller

Moitas grazas a todas e todos os que participachedes no Día do Barrio, limpando, ganchillando, pintando, facendo xardíns… O barrio é un espazo mellor grazas a todas e todos vos.

Para quen de vos non puido vir ou marchou antes de rematar:

  • No Parque da Trisca, podedes ver o traballo dos nosos artistas
  • Nos Concheiros, Fraguas e Cruceiro de San Pedro aínda están os xardíns de beirarrúa.
  • Algunhas das nosas zonas verdes están, a todas luces, máis limpas.
  • Os alimentos recollidos foron entregados ao Banco de Alimentos que quere agradecer fondamente a vosa xenerosidade.
  • Temos unha mellor información das deficiencias do noso barrio, grazas rapazas e rapaces do grupo Scout Khanhiwara.
  • Podemos mellorar os nosos hábitos veciñais cos carteis de “Etiqueta Urbana” que atoparedes na vosa rúa.
  • Probamos e reivindicamos o impresncidible paso de peóns na parte estreita da Rúa de San Pedro.
  • E algunhas outras cousas que, agardamos, sexades quen de percibir ao pasear polas nosas rúas.

O venres, día 28 volveremos a colocar todas as pezas de “Agullas na cidade”, froito do traballo do grupo de ganchilleiras e calceteiras.

Aqui tendes unha pequena galería de imaxes. Agardamos as vosas fotos para completala!

 

31. Maio 2013 · Comentarios desactivados en Día do Barrio, primeira listaxe de tarefas · Categories: A Xuntanza, Actividades, O Barrio

Aqui está a primeira listaxe de actividades a desenvolver no 2º Día do Barrio.

Será o sábado 8 de xuño, pola mañá a partir das 10h; os traballos rematarán contra as 14h e haberá logo -se o tempo e a autoridade o permiten- un picnic colectivo na Pza do Cruceiro.

A maioría destas primeiras tarefas xa as fixemos o ano pasado, asi que xa estaremos todas máis prácticas. Esta relación provisional irá medrando nos próximos días, asi que prestade atención.

Sinalización:

  • Elaboración e colocación de sinais informativos para indicar algunhas cousiñas (o parque de Belvís, que non se pode baixar en bici pola Rúa de San Pedro, que o muro das monxas de Belvís é algo máis que unha morea de silvas…)
  • Colocación de sinais que melloran a convivencia: non pode haber cans nas zonas de xogos infantís da Trisca e Belvís

Zonas verdes:

  • Xardíns nas fochancas: alí onde queirades.
  • Limpeza das zonas axardiñadas (rúa do Medio, pza Iqbal Masih, esquina de Concheiros, escaleira de Triacastela, Bispo Teodomiro, etc.)

Etiqueta urbana: a convivencia ten normas:

  • O teu canciño/cadela é ben limpo, e tí?: intervención.
  • As cabichas na beirarrúa, non: intervención

O barrio: espazo de xogo e sociabilidade

  • Xogos na beirarrúa: deseño de xogos para pequenos e maiores (mariola, tres en raia, etc.)
  • Un mural no Parque da Trisca
  • O Muro do barrio: espazo libre de expresión

O barrio somos todos e todas:

  • Recollida de alimentos
  • Sinalización das zonas de perigo na nova beirarrúa da Rúa de Betanzos
  • Qué fai este barrio por tí, como muller? Rodaxe dun vídeo

Un barrio bonito:

  • II mostra Agullas na cidade (Urban Knitting) (xa está en marcha)
  • Facer un inventario de todo aquelo que precisa ser reparado (papeleiras, árbores, etc.)


Para facer estas cousas necesitaremos -ademáis de gañas de traballar e bo humor-:

  • Que preparedes e traigades os vosos minixardíns
  • Se tendes sementes de flores e herbas, podedes traelas (o concello porá terra)
  • So recolleremos comida nos supermercados, froiterías, etc.
31. Maio 2013 · Comentarios desactivados en No verán, corte e confección · Categories: A Xuntanza, Actividades

Para quen queira aproveitar o verán para aprender ou mellorar a súas habilidades coa agulla, imos poñer en marcha un obradoiro de corte e confección e arranxo de roupa.

Terá lugar en xullo, agosto e setembro, todos os martes de 18 a 20h, no noso local.

Os/as interesados/as, poden anotarse chamando ao 660267887 ou ben enviandonos un correo electrónico.


 

27. Maio 2013 · Comentarios desactivados en Día do Barrio 2013 · Categories: A Xuntanza, Actividades, O Barrio

Despois do éxito de participación e colaboración do ano pasado, pensamos que é bo repetir a experiencia de xuntarnos e dedicar unha mañá a mellorar o noso barrio.

O Día do Barrio é unha xornada especial.

Ese día

  • aprenderemos a compartir e coidar os nosos espazos públicos
  • colaboraremos para mellorar o aspecto das nosas rúas e recunchos
  • e, como  non podía ser menos, pasaremos un bo rato cos nosos veciños e veciñas.

Por que?, porque:

  • O barrio é a nosa casa e nós temos que ser os primeiros en coidalo, no día do barrio e nos outros días do ano; non queremos suplantar aos servizos municipais.
  • Porque somos moi creativ@s e podemos facer cousas moi chulas

A cita será o sábado día 8 de xuño a partir das 10h na Cruz de San Pedro

Que necesitades?

  • Roupa de faena e gañas de traballar
  • Anotarte mandandonos unha mensaxe a info(arroba)axuntanza.org, non porque sexa obrigatorio senón porque asi podemos organizar mellor as tarefas.

Que faremos?

Un pouco de todo, como o ano pasado, en función da cantidade de xente que participe. Pero desde xa, temos un par de ideas que precisan da vosa colaboración e tendes que comezar a traballar nelas:

  • Instalar pequenos xardíns nas fochancas das beirarrúas e recunchos, como as que aqui podedes ver (si, está en ingles pero as fotos dan boa idea do asunto).
  • Facer deseños nas beirarrúas e prazas con xogos, algo asi

Tendes (e temos), xa que logo, que ir preparando na casa eses xardincillos e mesmo ir pensando onde poñelos (ollo, estan arranxando por fin as beirarrúas de Concheiros, asi que alí non van poder ir) e tamén onde iremos xogar as 4 esquinas ou á mariola.

Nos proximos días iremos dando a coñecer a listaxe concreta pois agardamos as vosas achegas, que sodes xentes creativas. Estarán na nosa páxina de Facebook

24. Maio 2013 · Comentarios desactivados en Filmar para cambiar · Categories: A Xuntanza, Actividades, Uncategorized

Filmar para Cambiar é un certame de curtametraxes que  organizaron conxuntamente as asociacións Amarante, AV A Xuntanza e Verdegaia no marco do ciclo de cinema Coñecer para Cambiar.

As curtametraxes presentadas e que foron proxectadas este mércores pasado eran:

  • Pedigree, Taller de Creación Artística, IES Manuel García Barros de A Estrada
  • Historia de un hombre muerto, Daniel Ibáñez Campos
  • Terra, mar e xente, IES Maximino Romero Lema de Baio
  • Lasaña Nueva Delhi, Sabela Pernas Soto, Tamara Coello García e María Carmen Carballeira
  • Deu centímetres més a prop del cel, Raquel Rei Branco
  • Aforradores. A estafa das Participacións Preferentes e Subordinadas, Emmanuel Barbazán
  • Sombras, Daniel Suárez García

 

O filme ganador foi elixido por votación do público, e o brillante palmarés e o seguinte:

  1. Lasaña Nueva Delhi, Sabela Pernas Soto, Tamara Coello García e María Carmen Carballeira
  2.  Deu centímetres més a prop del cel, Raquel Rei Branco
  3. Pedigree, Taller de Creación Artística do IES Manuel García Barros (A Estrada)

 As organizacións estamos máis que satisfeitas cos resultados da proposta Filmar para Cambiar e coa resposta da xente que participou e que asistiu como público para a votación. Recibimos obras de gran calidade e de alto valor, non só artístico, senón tamén polo seu sentido crítico e de denuncia co sistema socioeconómico no que vivimos. Para nós é moi importante difundir, apoiar e valorar este tipo de obras e agardamos poder proxectalas de novo no futuro.

Se queredes ver os datos completos dos filmes destacados, aqui tendes unha nota