Xa sabemos que estades máis que ata enriba das obras, de sufrilas, de falar delas, de imaxinar ese día despois que non da chegado… asi que desta volta non queremos insistir nesa perspectiva senón convidarvos a buscarlle un lado diferente.
Pensando, pensando, chegamos á conclusión que había que darlle un toque diferente ao asunto e, a poder ser, divertido. Asi que ocurríusenos crear un concurso de fotografía en Facebook, en colaboración coas amigas de #asobrasdesanpedro.
Xa que logo, queremos que compartades con toda a veciñanza (e visitantes, que queiran) as vosas fotos e creacións arredor da obra. Non requirimos fotos complicadas, ou artísticas ou ese momento inesquecible na lama que afortunadamente quedou atrás; vale calquera foto vistas xerais, momentos cotiáns… e mesmo creacións persoais arredor do tema obra. É un concurso, asi que mellor que non mandedes cousas borrosas, curtadas, etc. o resto vale. Evidentemente tamén revisar a tarxeta de memoria e tirar de arquivo, eso sí o noso tema é as obras, as xentes e os días.
O premio para a imaxe gañadora combina perfectamente o concepto desta actividade: 1 kg de caramelos masticables (ou sexa, Sugus) e un auténtico lastro da rúa de San Pedro.
Agora que xa temos toda a vosa atención, este é o procedemento:
Neste enlace podedes acceder ao concurso -que ten forma de promo comercial porque era o formato máis doado-
A partir de aqui:
- para participar: clicar en participar, cubre os datos mínimos requiridos (teremos que dar contigo se gañas)
- para votar clicar en votar participacións
Tendes de prazo para participar e votar ata o día 5 de febreiro -data oficial prevista para o remate desta magna obra-.
Se o prefires, desde a nosa páxina de Facebook tamén podes chegar ao certame, na sección promos.