27. Marzo 2015 · Comentarios desactivados en Mulleres e lugares de San Pedro · Categories: Actividades, O Barrio, Vogalía da muller

O ano pasado, durante o Día do Barrio, a nosa Vogalía da Muller rodou unha curta protagonizada polas nosas veciñas. O tema desa ocasión foi o Barrio e aqueles lugares e persoas que máis nos gustan.

Despois de moito traballo na selección e montaxe, aquí o tendes e quedou ben chulo. Moitas grazas ás artistas e as rapazas da Vogalía.

 

27. Febreiro 2015 · Comentarios desactivados en 8 de marzo: día da muller · Categories: A Xuntanza, Actividades, O Barrio, Vogalía da muller

Foliada das Mulleres 2015 no barrio de San PedroUn ano máis a nosa Vogalía da Muller prepara un programa especial para coñecernos, recoñecernos e celebrar o 8 de marzo. Como o día 8 será domingo, os actos terán lugar ao longo da fin de semana, principalmente o venres:

– A partir do venres e como outros anos convidamosvos a colgar nas vosas portas, fiestras… un globo que nos visibilice coa mensaxe que prefiras.

– As compañeiras do colectivo “As da ajhulla” sairán á rúa para traballar e amosar algún dos seus traballos (venres ou sábado, por concretar).

– O venres a partir das 8 terá lugar a Foliada das Mulleres, aberta a todas as que queiran coñecer a outras veciñas, compañeiras e amigas e pasalo ben un rato xuntas.

– O venres, na Foliada, estrea mundial e en primicia do video rodado pola vogalía no Día do Barrio do ano pasado. Lembrades o de 2013: Qué ten de especial o barrio?

 

26. Xaneiro 2015 · Comentarios desactivados en Novo semestre: Meditación e Corte e Confección · Categories: A Xuntanza, Actividades

Retomando as enerxías do novo ano, temos para vos dúas propostas:

Obradoiro de meditación transcendental, a cargo de Zinnia Maravell

Terá lugar os xoves de 19 a 20.30h a partir do 5 de febreiro.

É unha actividade gratuíta, agás os 2€ de achega para o local.

Para anotarse: cmszinnia@gmail.com

Corte e Confección, a cargo de Susa

Abrese un novo semestre nos dous grupos: martes e xoves de 18 a 20h.

Prezo: 27 €/mes

Para anotarse: 606 985 280 ou info@axuntanza.org

Nos dous casos a inscrición é de 10 € agás para socios/as e para quen xa estea matriculada no curso 2014-15

02. Xaneiro 2015 · Comentarios desactivados en Comezamos o ano cunha nova actividade: lingua de signos · Categories: A Xuntanza, Actividades

Iniciamos o ano 2015 retomando as nosas actividades, neste caso as aulas de Lingua de Signos, agora con un horario máis acaído.

Aqui tes unha oportunidade que pode ser interesante para o teu traballo, para mellor comunicarte con ese amigo/a con dificultades auditivas ou, simplemente, para ampliar as túas facultades comunicativas … todos e todas temos moito que dicir e que escoitar.

O grupo comezará a funcionar o 15 de xaneiro e as clases serán os xoves de 20 a 21.30h, coma sempre, da man de Galensigna.

As aulas serán no noso local (sala de arriba) pero para anotarse hai que contactar con eles via mail ou telefono (615674023)

 

Lembramosvos tamén que hai outras actividades con prazas libres nas que aínda podedes apuntarvos, tanto para desenvolver novas habilidades (corte e confección, ganchillo, cerámica, debuxo e pintura..) como para facer algo de exercicio (pilates, ioga, zumba).

 

26. Outubro 2014 · Comentarios desactivados en Obradoiro de empoderamento para mulleres · Categories: A Xuntanza, Actividades, Vogalía da muller

Porque é hora de que dirixamos a nosa propia vida, sen medos.
emprende connosco a viaxe cara o empoderamento!

Esta é a nosa proposta:

1º – Comeza a Viaxe. Estación de Saída… Coñecemos ás compañeiras.
2º – Gústome cando me gusto e cando son eu. Traballamos sobre os estereotipos, desigualdades, a autoestima e o autocoñecemento.
3º – Violencias basadas no xénero.
4º- !Xuntas podemos! Ferramentas prácticas para seguir empoderándonos.

 

Dirixido por: María Reynolds, psicóloga

Datas e horario: Todos os mércores de novembro. 19.00 – 21.30 H.

Lugar: Local A.VV. A Xuntanza. Fraguas 37 baixo

Inscricións: 654.74.11.75. obradoiro.axuntanza@gmail.com.

Data límite da inscrición: 3/11/2014

Máis información: http://www.axuntanza.org/

Organiza: Vogalía da Muller A Xuntanza

30. Setembro 2014 · Comentarios desactivados en MURAL DE CORRESPONSABILIDADE · Categories: A Xuntanza, Actividades, Vogalía da muller

Que é a corresponsabilidade para ti?

Ven a contarnolo este venres a partir das 18h á Porta do Camiño.

Cos teus pensamentos, debuxos, consellos… armaremos un amplio e fermoso tendal colectivo.

Podes traer os teus bártulos ou usar os que preparará a Vogalía da Muller para dar forma á túa mensaxe. O caso é expresarse e aprender, todas e todos, conxuntamente.

Agárdamoste!

 

19. Setembro 2014 · Comentarios desactivados en Eu decido. O tren da liberdade · Categories: Actividades, Vogalía da muller

A Vogalía da Muller da nosa asociación ven de comezar as súas actividades deste curso. Comeza forte, cunha actividade á que estades, todos e todas, convidados:

A proxeccion no noso local do filme Eu decido. O tren da liberdade.

Contaremos coa presenza dunha representante do Colectivo de Mulleres Cineastas.

Neste filme recontase a experiencia das que viaxaron de todas partes a Madrid para reclamar a vixencia da actual lexislación de saúde sexual e reproductiva e de interrupción voluntaria do embarazo.

Será o próximo día 24 de setembro, mércores ás 20h no noso local.

 Porque a loita das mulleres continua.
Porque as mulleres decidimos

Porque somos libres

e porque

O 28 de setembro convertiuse en 1990 no DÍA DE ACCIÓN

GLOBAL POLA DESPENALIZACIÓN DO ABORTO.

Agardamosvos

16. Setembro 2014 · Comentarios desactivados en PROGRAMA DE ACTIVIDADES 2014-15 · Categories: A Xuntanza, Actividades

Xa sabemos que estades con ganas de retomar a “vida normal” e tamén ás actividades, asi que aínda que con algo de retraso, esta é a oferta que preparamos para este curso:

 1.- BAILE GALEGO Martes de 20:00 a 21:00 horas* / de 21:00 a 22:00 horas / de 22:00 a 23:00 horas*

Monitor@: Felisa Segade *Prezo a repartir entre cada grupo.

2.- CANTO Mércores de 10:30 a 11:30 e de 13:00 a 14:00h; Venres de 16:00 a 18:00 horas. Clases individuais.

Monitor@: Paulina Ceremuzynska.

3.- CERÁMICAMércores de 19:00 a 20:30 horas – 27 €/mes.

Monitor@: Juana

4.- CROCHET(ganchillo) Mércores de 20:30 a 22:00 horas – 27 €/mes.

Monitor@: Juana

5.- CORTE E CONFECCIÓN / Arranxos de roupaMartes 18:00 a 20:00 horas

Monitor@: Susa Garcia Xoves 18:00 a 20:00 horas – 27 €/mes.

 

6.- ENCAIXE DE CAMARIÑAS Xoves de 20:15 a 22:15 horas

Monitor@: Beatriz Soneira – 200,00 € todo o grupo, a repartir.

7.-GAITA Xoves de 20:30 a 22:30 horas – 18 €/mes.

Monitor@: Marcos Varela

8.- IOGA: Luns de 19:00 a 20:30 horas – 17 €/mes.

Monitor@: Maite

9.- PILATES: Luns e mércores de 9:00 a 10:00 horas, e de 18:00 a 19:00 horas – 22 €/mes.

Monitor@: Maite

10.- LINGUA DE SIGNOS (Nível A1): Xoves de 19:00 a 20:30 Nivel A1 – 20€/mes.

Monitor@: Galensigna.

11.- PANDEIRETA E CANTO Venres de 18:00 a 19h (Nivel I), de 19:00 a 20:00 horas (Nivel II),

Monitor@: Jara de 20:00 a 21:00 horas (Nível III) – 20 €/mes.

12.- TEATRO Luns de 21:00 a 23:00 horas – 18 €/mes.

Monitor@: Beatriz Bravo

13.- COIRO (Iniciación): Luns de 20:00 a 21:30h – 25 €/mes Comeza en novembro.

Monitor@: Fer

 

14.-Tamboril – Percusion tradicional:Martes de 20:00 a 21:00 horas (Iniciación); 21:00 a 22:00 horas (Perfeccionamento)

Monitor@: Arantxa 20 €/mes. Impartirase no Centro Sociocultural da Trisca.

.

15.- REQUINTA Venres de 20:30 a 22:00 horas, – 20 €/mes.

Monitor@: David

 

16.- AULAS DE VIOLINO Luns, Xoves de 16 a 18h – Aulas individuais e colectivas. Prezo a determinar.

Monitor@: Nuria

 

17.-INICIACION AO DEBUXO E PINTURA REALISTA: Xoves de 17:00 a 19:00 horas – 20 €/mes.

Monitor@: Raquel

 

18.- CATALAN: Luns de 19.00 a 20.00 horas ou Venres de 18 a 19 horas – 20 €/mes.

Monitor@: Susana Montesinos

 

19.- CLOWN E EXPRESIÓN CORPORAL: Martes de 18:00 a 19:30 horas – 30 €/mes.

Monitor@: Nekane

 

20.- ZUMBA: Luns de 10 a 11horas; Mércores de 11.30 a 12.30h. – 10 € /mes (un día) 20 € (os dous)
Monitor: Mon

 

Inscrición: Socios e socias ao día da cota anual: gratuíta. Persoas non asociadas: 10€ / Tod@s usuari@s: 2€/mes para mantemento do local

INSCRICIÓN: DO 22 AO 30 DE SETEMBRO DE 19,00 – 21,00 Horas

O COMEZO DAS ACTIVIDADES: 1 DE OUTUBRO

Para quen quera aproveitar o verán e aprender a arranxar e facer roupa, propoñemosvos un intensivo de 3 meses.

Terá lugar nos meses de xullo a setembro os xoves de 18 a 20h e o prezo é de 27 € ao mes.

Para anotarvos, mandadenos un email a info@axuntanza.org ou chamadenos 606985280

Mañá celebraremos a 3ª edición do Día do Barrio, ese día que dedicamos a traballar polo noso barrio e pola súa veciñanza.

Aínda que ninguén se apuntou, damos por entendido que algunhas de vos, simplemente dades por feitas as formalidades asi que viredes, fixemos un programa de actividades a desenvolver. Son poucas porque pensamos que non vos estades animando con isto e porque, ao cabo, non tivemos resposta da Concellaría de Desenvolvemento Urbano para desenvolver a nosa aposta máis ambiciosa (un megamural sobre as beirarrúas de Quiroga Palacios) e xa temos líos dabondo co Concello. Tamén haberá que anular as propostas para cativos/as e maiores que implicaban pintura e cousas que desaparecen coa auga.

A relación de tarefas definitiva:

  • Recollida de alimentos nas tendas do barrio en beneficio do grupo do barrio de Cáritas
  • Recollida de material escolar, en colaboración coas ANPAs do Vilas Alborada e Apóstolo Santiago
  • Limpeza dos espazos axardiñados (escaleira Triacastela, Esquina Concheiros, Rúa do Medio, Rúa do Home Santo…)
  • Reposición da terra dos alcorques das árbores de Concheiros e Corredoira das Fraguas e sementeira de plantas aromáticas
  • Pegado de carteis animando á separación do lixo e informando dos servizos de recollida (voluminosos, etc.)
  • Entrevistas para un documental. A cargo da vogalía da Muller
  • Instalación dos habituais sinais para ciclistas, etc.
  • Elaboración e instalación de sinais de mobilidade peonil en puntos estratéxicos do barrio
  • Instalación de pezas de urban Knitting, a cargo das da Ajhulla, se non chove moito
  • Curso rápido de twitter para principiantes (traede instalada a aplicación e vinde dados/as de alta).
  • Encontro de tuiteiros/as do barrio (hastag suxerido: #Sanpedrochia)

Os traballos comezarán as 10h na Cruz de San Pedro, onde montaremos a base de operacións e repartiremos as tarefas.

As actividades de twitter serán despois de xantar (contra as 15.30); poderían adiantarse se chove moito. A esa hora faremos entrega do premio do concurso fotográfico das Obras da Rúa de San Pedro.