17. Outubro 2017 · Comentarios desactivados en 28 de outubro, Mercado do Caracol · Categories: A Xuntanza, Actividades

Trae a túa casa ás costas ao Mercado do Caracol

Pensamos que estes tempos complicados son perfectos para simplificar as nosas vidas, para interiorizar a práctica dos 3R (reducir, reutilizar e reciclar) e para ser máis solidari@s.

Lembras esa cafeteira en perfecto estado que esmorece nun armario da túa casa? Esa lámpada que realmente nunca conseguiches encaixar na túa sala? E aqueles patíns tan lindos? A bici estatica-percheiro?… Fai inventario, simplifica a túa vida e trae contigo todas esas cousas pois aqui poderás vendelas, trocalas ou mesmo regalalas.

Soñas con renovar a túa mesiña de noite cunha lámpada resultona e eficiente? Gustaríache equipar mellor a túa cociña? Tes grandes proxectos para este curso e precisas accesorios deportivos?… Este é a túa oportunidade.

Que algunha das túas trapalladas é grande? Trae a unha foto e poderás atopar quen o necesite.

Buscas… pero non sabes moi ben que? Leva a túa lista, porque nas nosas casas hai moitas cousas durmindo polas esquinas que mellor estarían noutro fogar.

 … e aínda poderás redescubrir unha zona do barrio e os seus establecementos comerciais. É o día perfecto para facer compras nos negocios desta rúa ou para tomar un bó almorzo

 A cita é o sábado 28 de outubro na Rúa do Home Santo, das 11 ás 14h.

 Se queres vir e traer a túa casiña, lee con atención estas instrucións

21. Setembro 2017 · Comentarios desactivados en Programa de actividades 2017-18 · Categories: A Xuntanza, Actividades

Benqueridas amigas e amigos, un ano máis tendes aquí a nosa oferta de actividades para o curso que comeza.

Como veredes, boa parte dos cursos e obradoiros son os de sempre aínda que algún ten novo horario. Temos dúas ofertas novas:

  • Patrimonios de Compostela, para quen queira coñecer mellor o pasado da nosa cidade e os seus testemuños. Consistirá sobre todo en charlas, visitas, obradoiros… arredor da herdanza histórica de Santiago.
  • Baile en liña, para quen busque facer algo de exercicio e pasar un bo rato.

Como os últimos anos haberá un periódo de matrícula, que será a semana que ven (do 25 ao 29 de setembro) de 19 a 21h no noso local. A inscrición será gratuita para socios e socias ao día do pago da cuota; quen non teña pagado pode facelo alí. Para persoas non socias, a inscrición será de 10 euros.

Aínda que o local ven de incorporarse á Rede de Centros Socioculturais e o Concello asume boa parte dos gastos, quedan aínda algunhas cousas que teremos que afrontar como asociación, asi que manteremos a achega de 2€ por persoa e actividade para este fin.

 Comezamos as actividades o día 2 de outubro

 

1.- BAILE GALEGO Martes de 19:30 a 20:30 horas* (Iniciación)/ de 20:30 a 21:30 horas* / de 21:30 a 22:30 horas*

Monitora: Felisa Segade *Prezo a repartir entre cada grupo (arredor de 12 €)

 2.- CANTO Luns de 10:00 – 13:00 horas. Clases individuais.

Monitora: Paulina Ceremuzynska.

3.- CERÁMICA Mércores de 19:00 a 20:30 horas – 27 €/mes.

Monitora: Juana Fernández

4.- GUITARRA Luns de 15:30 a 20:30 horas. *Prezo a repartir entre cada grupo

Monitor: Xavier Mugardos

5.- CORTE E CONFECCIÓN / Arranxos de roupa Xoves de 18:00 a 20:00 horas – 30 €/mes.

Monitora: Susa Garcia

6.- GAITA Xoves de 20:30 a 22:30 horas – 18 €/mes.

Monitor: Marcos Varela

7.- PATRIMONIOS DE COMPOSTELA. Martes 19.00-20.30 (Primeiro trimestre).- 20 €/mes

Monitora: Carmela Aríns

 8.- IOGA Luns de 19:00 a 20:30 horas – 17 €/mes.

Monitora: Maite Pereira

9.- PILATES Luns e Mércores de 9:00 a 10:00 horas, e de 18:00 a 19:00 horas – 22 €/mes.

Sábados de 10:00 a 11.00 horas – 10 €/mes.

Monitora: Maite Pereira

10.- LINGUA DE SIGNOS: (Básico-I) Xoves de 20:00 a 21:30 horas.

Monitora: Ana Senra

11.- PANDEIRETA E CANTO Venres de 18:00 a 19h (Nível I), de 19:00 a 20:00 horas (Nivel II),

de 20:00 a 21:00 horas (Nível III) – 28 €/mes.

Monitora: Jara Ortiz 

12.- TEATRO Luns de 21:00 a 23:00 horas – 18 €/mes.

Monitora: Beatriz Bravo

13.- BAILE EN LIÑA. Venres 18 a 19h. – 10 €/mes (Primeiro trimestre)

Monitora: Miriam

14.- NOVA XOIERÍA Mércores de 18:00 a 19:00 horas – 28 €/mes.

Monitora: Juana Fernández

15.- DANZA FUSION ORIENTAL Martes de 18:30 a 19:30 horas – 15 €/mes.

Monitora: Maika

16.- MEDITACION TRANSCENDENTAL Xoves de 19:00 a 20.30 horas

Monitora: Zinnia Maravell

 

 

13. Maio 2017 · Comentarios desactivados en 20 de maio, Mercado do Caracol · Categories: A Xuntanza, Actividades, O Barrio

Trae a túa casa ás costas ao Mercado do Caracol

Pensamos que estes tempos complicados son perfectos para simplificar as nosas vidas, para interiorizar a práctica dos 3R (reducir, reutilizar e reciclar) e para ser máis solidari@s.

Lembras esa cafeteira en perfecto estado que esmorece nun armario da túa casa? Esa lámpada que realmente nunca conseguiches encaixar na túa sala? E aqueles patíns tan lindos? A bici estatica-percheiro?… Fai inventario, simplifica a túa vida e trae contigo todas esas cousas pois aqui poderás vendelas, trocalas ou mesmo regalalas.

Soñas con renovar a túa mesiña de noite cunha lámpada resultona e eficiente? Gustaríache equipar mellor a túa cociña? Tes grandes proxectos para este curso e precisas accesorios deportivos?… Este é a túa oportunidade.

Que algunha das túas trapalladas é grande? Trae a unha foto e poderás atopar quen o necesite.

Buscas… pero non sabes moi ben que? Leva a túa lista, porque nas nosas casas hai moitas cousas durmindo polas esquinas que mellor estarían noutro fogar.

 … e aínda poderás redescubrir unha zona do barrio e os seus establecementos comerciais. É o día perfecto para facer compras nos negocios desta rúa ou para tomar un bó almorzo

 A cita é o sábado 21 de maio na Rúa do Home Santo, das 11 ás 14h.

 Se queres vir e traer a túa casiña, lee con atención estas instrucións

27. Abril 2017 · Comentarios desactivados en Construíndo o maio, creamos barrio · Categories: A Xuntanza, Actividades, O Barrio

A primavera chegou e aínda non o celebramos?

Neste barrio si. Imos recibila como se merece, porque queremos darlle a benvida á luz, ás cores, ao florecer… cun xuntarse e desfrutar, cunha actividade que nos permita tamén vernos e colectivamente, facer barrio.

“Construíndo maios, creamos barrio”. Isto é o que vos propoñemos.

Despois da marabillosa experiencia de montar un maio entre todxs o ano pasado, acompañadxs de cadenetas de ovos e pampullos, co recendo de laranxa… non nos resistimos e este ano volvemos reunirnos para construír un novo maio, para crear novas conversas, novos espazos, novas risas, mentres facemos barrio e estreitamos lazos.

O plan que vos propoñemos:

 5 de maio: 17h, Cruz de San Pedro

Este día encantaríanos que vos animásedes e que nos acompañásedes a recoller o material fundamental e necesario para crear este maio colectivo. Non nos cansaremos de dicilo, pero é un día ideal para gozar da natureza entre peques e maiores, de relacionarnos, de descubrir lugares da concello, de pasar un bo rato de maneira divertida e diferente.

Se te animas a vir, podes e tes, trae guantes, tesoiras e similar. Se non tes, non te preocupes e vén igual, levamos nós material para poder recoller todo o que precisamos.

6 de maio: 10h, Cruz de San Pedro

Se te perdiches a oportunidade de participar na recollida de material o venres, sen problema. A esta hora volvemos quedar para apañar máis. Anímate!

 

6 de maio: 12h, Cruz de San Pedro

Construímos o noso maio. Comezaremos a montar, a coser pampullos, fiúnchos, ovos e laranxas… Aí estaremos para que te sumes no momento que poidas, para que cosas un rato, para que saúdes, rías, para que te achegues e nos deas conversa, para que veñas e participes como queiras, para que te quedes e pases o día… Para ser parte desta construción, deste crear.

Tamén vos animamos a traer a vosa comida á praza e que compartamos un xantar común, de todxs, para todxs. Un espazo gastronómico distinto

27. Xaneiro 2017 · Comentarios desactivados en As da Aghulla: Proxecto colaborativo para o Día da Muller 2017 · Categories: A Xuntanza, Actividades, Vogalía da muller

Para o próximo Dia da Muller, que será como sabedes o próximo 8 de marzo, As da Aghulla asumen como desafío adornar a praza dese nome que temos no noso barrio. É dicir queren encher de cores a Praza 8 de marzo para o día 8 de Marzo. Queres colaborar?

Como ben sabedes o colectivo As da Aghulla ven traballando desde hai anos en facer do barrio un lugar máis bonito e alegre. Son un grupo de mulleres -veciñas e non veciñas, socias ou non, mozas ou maiores- que acometen conxuntamente proxectos nos que traballan ao longo do ano. O primeiro deste ano xirará arredor do Día da Muller e a praza 8 de marzo.

Aínda que moitos detalles están aínda por perfilar, está claro que:

  • queren encher a praza de cores
  • queren un proxecto aberto a quen quera participar nel, polo que haberá distintas formas de colaborar
  • Queren facer unha pequena homenaxe ás mulleres da cidade, ás nosas nais, avoas, amigas…
  • Haberá quedadas todos os luns a partir das 20h ata o 4 de marzo no Bar Rey (Concheiros) para recoller colaboracións, respostar preguntas, etc.
  • A montaxe da maior parte da decoración terá lugar o día 4 de marzo, sábado.

Os eixos principais do proxecto serán:

  • Elaborar varias mantas en ganchillo ou calceta
  • Preparar unha exposición fotográfica
  • Instalar na praza unha Biblioteca Libre

Así as cousas abren o proxecto á participación das persoas que así o desexen, do barrio ou doutra zona da cidade, asi que podedes:

  • Axudar a facer as mantas, preparando cadrados de ganchillo ou calceta de 30 x 30cm (mellor xustos que demasiado grandes), feitos de lás de calquera cor. Os luns no Rey haberá quedadas para tecer xuntas e para recoller as pezas de quen traballe en casa. O 27 de febreiro será o último día de recollida de cadrados.
  • Enviando as vosas fotografías de mulleres, das vosas nais, avoas, heroínas ou de vos mesmas, coas vosas amigas, en situacións cotiás (traballando, paseando, pasando un bo rato…). Serán impresas en tamaño A4 así que mirade que teñan calidade razoable. Poden levar un título ou explicación, que debe ser curta, xa que irá sobreimpresionada na imaxe no momento de preparala para a expo. O luns 6 de febreiro será o último día de recollida de fotos, que deben enviarse a axuntanza01@gmail.com.
  • Participar nos obradoiros que no seu momento se organizarán para preparar materiais e para a montaxe.

Pensas que este é o momento de aprender a tecer? As dúas tendas de lás do barrio ofreceren clases e asistencia ténica, están na rúa de San Pedro: Madeixas e Faino tí.

Sempre quixeches participar nestes proxectos pero non vías o momento? Esta é a túa oportunidade.

Tes unhas amigas que ganchillan? pasalles o recado e convidaas, é un proxecto aberto.

En resumo: todos os luns até o 4 de marzo, estarán as Aghullas no Bar Rey a partir das 20h para resolver as vosas dúbidas e achegas.

Colaboran con nós neste proxecto: A Concellaría de Igualdade, Madeixas, Faino tí, o Café Bar Rey.

 

 

 

 

 

11. Xaneiro 2017 · Comentarios desactivados en FEIRA DA PRIMAVERA: COMUNICADO · Categories: A Xuntanza, Actividades

Alá polo 2007 comezou a aventura de organizar a primeira Feira da Primavera: era unha iniciativa conxunta da asociación veciñal, a comisión de festas e o comercio e quería dinamizar o barrio; buscabamos fortalecernos como comunidade, apoiar ao comercio e visibilizar o barrio de San Pedro como espazo no que vivir e traballar. Queriamos ser un barrio mellor, conservar o noso tecido socioeconómico e tecer fíos que nos permitiran medrar de xeito sostible.

O tempo pasou e o esforzo compartido tivo os seus resultados. O que foi unha feira con apenas unha ducia de postos e algúns comercios a pé de rúa é hoxe un evento de primeira orde que congrega a milleiros de persoas e centos de postos. E cumpriu os seus obxectivos: hoxe somos máis fortes como comunidade, como barrio e como espazo económico.

Os logros son innegables pero o futuro presenta novos desafíos e hai luces e sombras que avaliar, ademais de preguntas que responder: Ten futuro un evento que expulsa, polo ambiente e concorrencia da xente, á nosa veciñanza máis querida (maiores e crianzas)? É un botellón masivo unha ferramenta axeitada para facer barrio e crear riqueza? Podemos seguir obviando os problemas de seguridade derivados da  excesiva afluencia? Está contenta a veciñanza coa Feira e todo o que conleva? Que avaliación fan os comercios do eixo comercial San Pedro-Concheiros? A imaxe que proxectamos como barrio nestes últimos anos anima a que recunquen a comprar, abrir negocios ou vivir? É conveniente repensar a Feira e reorientala para que continúe cumprindo a súa función?

É por isto, que a Asociación Cultural do Barrio de San Pedro (Comisión de Festas) e Asociación Veciñal A Xuntanza, como coorganizadoras da Feira da Primavera, decidimos facer un pequeno alto. Hai moito que pensar e repensar, decisións que tomar sen perder de vista os obxectivos de partida: facer barrio e medrar como comunidade.

Non é un punto e final, cando menos neste momento, senón unha parada para coller folgos e reimaxinar o futuro. Seguiremos traballando e avanzando en novas propostas, algunhas das cales verán luz este mesmo ano; non substituirán á Feira pero confiamos en que sirvan tamén para darlle a benvida á primavera, para recoñecérmonos tras o inverno e pasar un bo rato en agradable compañía.

Vémonos daquela… ou nos distintos eventos ó longo do ano: Mercado do Caracol, Día do Barrio ou nas Festas (28 de xuño – 2 xullo neste 2017)

14. Outubro 2016 · Comentarios desactivados en 22 de outubro, Mercado do Caracol · Categories: A Xuntanza, Actividades, O Barrio

Trae a túa casa ás costas ao Mercado do Caracol

Pensamos que estes tempos complicados son perfectos para simplificar as nosas vidas, para interiorizar a práctica dos 3R (reducir, reutilizar e reciclar) e para ser máis solidari@s.

Lembras esa cafeteira en perfecto estado que esmorece nun armario da túa casa? Esa lámpada que realmente nunca conseguiches encaixar na túa sala? E aqueles patíns tan lindos? A bici estatica-percheiro?… Fai inventario, simplifica a túa vida e trae contigo todas esas cousas pois aqui poderás vendelas, trocalas ou mesmo regalalas.

Soñas con renovar a túa mesiña de noite cunha lámpada resultona e eficiente? Gustaríache equipar mellor a túa cociña? Tes grandes proxectos para este curso e precisas accesorios deportivos?… Este é a túa oportunidade.

Que algunha das túas trapalladas é grande? Trae a unha foto e poderás atopar quen o necesite.

Buscas… pero non sabes moi ben que? Leva a túa lista, porque nas nosas casas hai moitas cousas durmindo polas esquinas que mellor estarían noutro fogar.

 … e aínda poderás redescubrir unha zona do barrio e os seus establecementos comerciais. É o día perfecto para facer compras nos negocios desta rúa ou para tomar un bó almorzo

 A cita é o sábado 22 de outubro na Rúa do Home Santo, das 11 ás 14h.

 Se queres vir e traer a túa casiña, lee con atención estas instrucións

01. Outubro 2016 · Comentarios desactivados en PROGRAMA DE ACTIVIDADES 2016-17 · Categories: A Xuntanza, Actividades, Uncategorized

AÍNDA QUEDAN PRAZAS!!

Un ano máis presentamosvos a nosa oferta de actividades para o curso que comeza. Temos propostas tradicionais como baile, corte e confección ou pandeireta pero tamén novas ideas como Scrapbooking (personalizar cadernos e albumes), zumba, pintura creativa e danza fusión oriental ou mesmo un obradoiro trimestral para construir a vosa xenealoxía e historia familiar. Non diredes que non hai de sobra e variado!

Os cursos comezarán o 3 de outubro.

Como sempre, cada actividade ten o seu precio, ao que haberá que engadir os 2 € de achega para axudar nos gastos do local (si, seguimos traballando para que volva á Rede de CSC e o Concello se faga cargo).

Hai que matricularse durante a semana que ven e para isto estaremos no noso local de 19 a 21h. Esta matrícula é gratuita para os socios e socias que estean ao día no pago das cotas, para o resto custa 10 €.

Aquí tendes:
1.- BAILE GALEGO Martes de 20:00 a 21:00 horas* (Iniciación) / de 21:00 a 22:00 horas* / de 22:00 a 23:00 horas*
Monitora: Felisa Segade    *Prezo a repartir entre cada grupo.

2.- CANTO Luns de 10:00 – 13:00 horas. Clases individuais.
Monitora: Paulina Ceremuzynska.

3.- CERÁMICA Mércores de 19:00 a 20:30 horas – 27 €/mes.
Monitora: Juana

4.- GUITARRA Luns de 15:30 a 19:30 horas. *Prezo a repartir entre cada grupo
Monitor: Xavier Mugardos

5.- CORTE E CONFECCIÓN / Arranxos de roupa Martes de 18:00 a 20:00 horas.  Xoves de 18:00 a 20:00 horas – 30 €/mes.
Monitora: Susa Garcia

6.- GAITA Xoves de 20:30 a 22:30 horas – 18 €/mes.
Monitor: Marcos Varela

7.- PINTURA CREATIVA Venres de 18:00 a 19:30 horas – 35 €/mes (inclúe materiais)
Monitora: Isabel

8.- IOGA Luns de 19:00 a 20:30 horas – 17 €/mes.
Monitora: Maite

9.- PILATES Luns e Mércores de 9:00 a 10:00 horas, e de 18:00 a 19:00 horas – 22 €/mes.  Sábados de 10:00 a 11.00 horas – 10 €/mes.
Monitora: Maite

10.- LINGUA DE SIGNOS: (Básico-I) Xoves de 20:00 a 21:30 horas.
Monitora: Galensigna

11.- PANDEIRETA E CANTO Venres de 18:00 a 19h (Nível I), de 19:00 a 20:00 horas (Nivel II), de 20:00 a 21:00 horas (Nível III) – 28 €/ mes.
Monitora: Jara

12.- TEATRO Luns de 21:00 a 23:00 horas – 18 €/mes.
Monitora: Beatriz Bravo

13.- COIRO (Iniciación)   Luns de 20:00 a 21:30h – 30 €/mes.
Monitor: Fer

14.- TAMBORIL – Percusion tradicional Martes de 20:30 a 22:00 horas – 25 €/mes.
Monitora: Arantxa  Esta actividade, impartirase no Centro Sociocultural da Trisca.
.
15.- NOVA XOIERÍA  Mércores  de 18:00 a 19:00 horas – 28 €/mes.
Monitora: Juana

16.- ZUMBA Mércores de 21:00 h. – 22:00 h. – 20 €/mes.
Monitora: Pilar

17.- SCRAPBOOKING Mércores de 20:00 h. – 21:30 h. – 25 €/mes.
Monitora: Lucía (Dulces y Saladas)

18.- DANZA FUSION ORIENTAL Martes de 18:30 a 19:30 horas – 15 €/mes.
Monitora: Maika

19.- MEDITACION TRANSCENDENTAL Xoves de 19:00 a 20.30 horas
Monitora: Zinnia Maravell

20.- XENEALOXÍA E HISTORIA FAMILIAR Mércores de 19:00 a 20:00 horas – 20 €/mes (1º Trimestre)
Monitora: Pilar

 

26. Setembro 2016 · Comentarios desactivados en II Día do Barrio en Forma · Categories: A Xuntanza, Actividades, O Barrio

Despois do éxito do ano pasado, temos aquí unha nova edición do Barrio en Forma, xornada do deporte na rúa. A comisión organizadora decidiu tamén que terá, para sempre, unha data fixa: o primeiro sábado de outubro; así retomamos a rutina con maior alegría.

Nesta ocasión temos moitas novidades asi que prestade atención.

A filosofía

Promover hábitos de lecer activo, coñecer mellor a oferta a este respecto do barrio, pasalo ben e dar vida á Rúa do Home Santo, que é un sitio ben chulo. En conxunto, ser un barrio máis en forma.

En forma?

Hai quen di que hai que facer exercicio e estar en forma. Pero, que é estar en forma?
Ao cabo, redonda é unha forma, e cadrada; e é que mesmo cousas como os macarróns teñen unha certa forma (si, acaracolada). Si, estamos en forma redonda, triangular e mesmo en forma atlética. Como barrio podemos ter mellor forma, persoal e colectiva.
Será o sábado 1 de outubro de 10 a 19h.

Haberá parada para xantar, alí ou na casa; tamén para repoñer folgos.

Onde?

Na rúa, que é onde facemos todas as cousas importantes neste barrio. Neste caso, na Rúa do Home Santo, que será peonil e estará despexada de coches.

Que faremos?

Investigaremos en común que é iso de “estar en forma” cun amplo programa de actividades aberto á toda a veciñanza. Poderemos practicar as nosas disciplinas favoritas ou probar cousas novas; desde logo, botaremos unhas risas e moveremos o esquelete, cada quen segundo as súas ganas e capacidade. Hai un completo programa, con moito para elixir

Concretamente?

Haberá ioga, baloncesto, brilé, volei, xogos tradicionais e de rúa, pilates, rugby, urban dance, bodycombat, taekwondo… mesmo esgrima ou danza oriental. Todo en pequenas dosis de 45 min. En breve difundiremos o programa completo.

Hai que anotarse?

Non, abonda con presentarse.Trae compañía, o exercicio en grupo é máis divertido.

Que teño que levar?

Bo humor e intención de descubrir novas propostas. Equipación deportiva (ou máis ou menos).

Algunha sorpresa?

  • Un programa máis amplo con actividades de todo tipo e acaídas a todos os públicos.
  • Novas camisolas.
  • Unha actividade sobre rodas, asi que ide preparando os vosos equipos.

Vémonos o sábado 1  a partir das 10h na rúa do Home Santo e durante todo o día ata as 19h.

05. Xuño 2016 · Comentarios desactivados en Sábado 11 de xuño, Día do Barrio · Categories: A Xuntanza, Actividades, O Barrio

O Día do Barrio é unha xornada especial.

Ese día

  • aprenderemos a compartir e coidar os nosos espazos públicos
  • colaboraremos para mellorar o aspecto das nosas rúas e recunchos
  • e, como  non podía ser menos, pasaremos un bo rato cos nosos veciños e veciñas.

Por que?, porque:

  • O barrio é a nosa casa e nós temos que ser os primeiros en coidalo, no día do barrio e nos outros días do ano; non queremos suplantar aos servizos municipais.
  • Porque somos moi creativ@s e podemos facer cousas moi chulas

A cita será o sábado día 11 de xuño a partir das 11h na Cruz de San Pedro, ata as 14h

Que necesitades?

  • Ganas de traballar
  • Anotarte mandandonos unha mensaxe a info(arroba)axuntanza.org, non porque sexa obrigatorio senón porque asi podemos organizar mellor as tarefas.

Que faremos?

Un pouco de todo, como os anos anteriores, en función da cantidade de xente que participe. Pero desde xa, algunhas ideas que precisan da vosa colaboración e tendes que comezar a traballar nelas:

  • Facer deseños nas beirarrúas e prazas con xogos
  • Recollida de alimentos para o Banco de Alimentos
  • Instalación dunha mostra de Urban knitting
  • e moitas cousas mais