figuras
Se queres evitar dores causadas por esforzos, malas posturas no traballo ou na casa… ven a este obradoiro organizado pola Vogalía da Muller en colaboración coa Concellaría de Igualdade
Aprenderás a ter posturas correctas, a facer estiramentos e outras moitas cousas!.

Lembra de traer: esterilla ou manta e roupa cómoda.

Días: mércores de outubro: o 5, 19 e 26 de 19.30 a 21h

Convidada pola Vogalía da muller, próximo 25 de maio, Norma Alba Villares (fisioterapeuta) ensinaranos eses trucos e consellos que nos axudarán a cuidar o lombo e coidar e previr as dores de costas.

Será ás 19.30h no Local Sociocultural das Fraguas.

Agardamoste

filme caramelA vogalía da muller da asociación veciñal A Xuntanza quere invitarvos á celebración do 8 de marzo día da Muller, un pouco adiantado o mércores 2 de marzo, coa proxección da película:

Caramel de Nadine Labaki
Data: 2 de marzo ás 19,30 h.
Lugar: Corredoira das Fraguas 37 baixo.

Sinopse:
En Beirut, cinco mulleres reúnense nun salón de beleza, un microcosmos colorista e sensual. Layale ama a Rabih, pero é un home casado. Nisrine é musulmana e ten un problema de cara a súa próxima boda: xa non é virxe. Rima está atormentada porque se sinte atraída polas mulleres. Jamale resístese a envellecer. Rose sacrificouse por coidar da súa irmá maior. No salón de beleza, os homes, o sexo e a maternidade sitúanse no centro das súas conversas íntimas e liberadas, entre cortes de pelo e depilación cunha pasta caramelizada de azúcar, auga e limón.
Mais info na web de Film Affinity ou na oficial do filme

¡Esperámoste!
Saúdos

Vogalía da Muller da asociación veciñal “A Xuntanza”.