Este é o lema do faladoiro que a Vogalía da Muller e o grupo compostelá da Plataforma Galega polo dereito ao aborto están preparando para o próximo mércores.

Non será unha charla senón un espazo de intercambio, de preguntas e respostas, de reflexión sobre os cambios propostos polo Ministerio de Xustiza á lexislación actualmente vixente sobre o dereito das mulleres a decidir sobre o seu corpo e a maternidade.

Será o próximo mércores, 19 de febreiro, ás 20h, no noso local.

 

P.S. Ese mesmo día, mulleres de Santiago e A Coruña tomarán a iniciativa de visitar os rexistros da propiedade!

No último Día do Barrio, a vogalía da muller animouse a rodar unha pequena película: Que ten de especial o barrio de San Pedro?.

Está protagonizado por moitas veciñas (grandes e pequenas) do barrio que comparten connosco o que opinan do noso barrio e da nosa pequena comunidade.

Convídamosvos a miralo e, de paso, reflexionar sobre o barrio e sobre como cada quen pode contribuír a melloralo.

Clicando aqui, accederas a el

Moitas grazas a todas e todos os que participachedes no Día do Barrio, limpando, ganchillando, pintando, facendo xardíns… O barrio é un espazo mellor grazas a todas e todos vos.

Para quen de vos non puido vir ou marchou antes de rematar:

  • No Parque da Trisca, podedes ver o traballo dos nosos artistas
  • Nos Concheiros, Fraguas e Cruceiro de San Pedro aínda están os xardíns de beirarrúa.
  • Algunhas das nosas zonas verdes están, a todas luces, máis limpas.
  • Os alimentos recollidos foron entregados ao Banco de Alimentos que quere agradecer fondamente a vosa xenerosidade.
  • Temos unha mellor información das deficiencias do noso barrio, grazas rapazas e rapaces do grupo Scout Khanhiwara.
  • Podemos mellorar os nosos hábitos veciñais cos carteis de “Etiqueta Urbana” que atoparedes na vosa rúa.
  • Probamos e reivindicamos o impresncidible paso de peóns na parte estreita da Rúa de San Pedro.
  • E algunhas outras cousas que, agardamos, sexades quen de percibir ao pasear polas nosas rúas.

O venres, día 28 volveremos a colocar todas as pezas de “Agullas na cidade”, froito do traballo do grupo de ganchilleiras e calceteiras.

Aqui tendes unha pequena galería de imaxes. Agardamos as vosas fotos para completala!

 

Que son? Para que valen? Como están a mudar as nosas vidas?

Estas e outras moitas preguntas xurden con frecuencia cando pensamos nas redes sociais. Por este motivo, desde a Vogalía da Muller queremos ofrecervos un espazo para mellor coñecelas e entendelas.

A nosa experta será María Yañez e a cita será o próximo mércores 24 de abril ás 19.30h no noso local.

 

Para celebrar o día da muller queremos invitarvos a participar nunha actividade para facer visible ás mulleres e as actividades que desenvolvemos no barrio.

 

Consiste en algo moi sinxelo, colocar un globo cunha mensaxe no portal/fiestra das casas e comercios do barrio. Na mensaxe podedes engadir a reivindicación que vos apeteza. Pódese poñer no globo ou nun cartel. E podedes decoralos como queirades, canto máis creativo mellor!!.

No local da asociación podedes recoller un globo no horario das actividades.
Esperamos que vos guste a idea e que vos unades a festexar este día coas mulleres do barrio de San Pedro e que se recoñezan os nosos dereitos.

CAL É A TÚA MENSAXE?

O día 8 de marzo é o Día Internacional da Muller. Para celebralo e para pasar un rato xuntas, a Vogalía da Muller proponnos a proxección da película Criadas e Señoras, baseada na novela do mesmo título.

É unha peli amena, ás veces divertida, que reflicte historias de discriminación, solidariedade e humanidade.

Será o próximo mércores 27 de febreiro ás 19.30h no noso local, na Corredoira das Fraguas 37, baixo.

Por certo, este Día Internacional da Muller, ten unha historia ben interesante. Botade un ollo, por exemplo, á correspondente entrada na Wikipedia

A vogalía da muller organiza unha charla-coloquio sobre a importancia das emocións na toma de decisións.
Contaremos coa participación de Mar Sánchez Fraga, psicóloga terapeuta transaccional e sexóloga.
A charla terá lugar o mércores 6 de febreiro ás 7,30 da tarde no local da Xuntanza.

Invitámosvos a aprender a percibir e a manexar os nosos sentimentos, as nosas emocións. Agardamos por vós!!

A maioría das persoas que coidan a dependentes son mulleres.

Para mellor coñecer esta situación, aprender e compartir sobre ela, sobre a atención ás persoas que precisan apoio, sobre a importancia do esforzo que fan… a Vogalía da Muller organiza para o próximo mércores día 28 de novembro ás 19.30 unha pequena charla.

A nosa convidada será Lola Ferreiro Díaz, médica, feminista e coordinadora do Grupo Lúa Crecente.

Non o esquezades, o próximo mércores ás 19.30h. Coma sempre, no noso local, na Corredoira das Fraguas 37, baixo

Que os custes enerxéticos son unha parte importante dos nosos gastos é evidente. Por isto, dedicaremos unha charla a coñecer mellor a orixe da enerxía que consumimos, as causas do seu aumento de prezo e o que podemos facer para aforrar.

Convidamos a Xosé Veiras García, biólogo e educador ambiental a falarnos destes asuntos polo miúdo.A charla será o próximo mércores, 29 de febreiro ás 19.30h no Local Social (Corredoira das Fraguas 37, baixo).

Para aquel@s de vos que non poidades achegarvos, aconsellamosvos a lectura, por exemplo, da Guía práctica de aforro da enerxía, do INEGA

E por este motivo convén que esteamos informados, e ben. Nesta charla, organizada pola Vogalía da Muller, aprenderemos algo máis sobre dous temas de moita actualidade:

  • O recibo da luz
  • as rebaixas

Colabora: Instituto Galego de Consumo

 

Será este mércores, 25 de xaneiro, ás 19 horas onde sempre (Fraguas 37, baixo)